займ срочно

Denuncian que o concello de Touro perdeu miles de euros en subvencións

0

Bisbarra, 8 de setembro do 2022 – O grupo socialista de Touro denuncia que o concello perdeu ata 23.000 euros en subvencións para o departamento de cultura.

A voceira socialista Gemma López concreta en tres as subvencións perdidas. Son axudas proporcionadas pola Deputación da Coruña destinadas a festivais, festas patronais, comisións de festas e por outra banda a técnicos de normalización lingüística.

López explica que “no que vai de ano levamos perdidos bastante máis de 23.000 € en subvencións de cultura pola mala xestión e o pasotismo da Concelleira Adela Iglesias e lamentamos que lle boten a culpa ao funcionario de turno cando todos sabemos que non é así”.

A concelleira socialista engade que a realidade do concello é “un departamento de cultura que perde unha subvención tras outra e que é incapaz de facer un programa cultural para todas as veciñas e veciños e para todas as parroquias por igual”. A voceira socialista esixe á Concelleira de Cultura en particular, e ao Goberno do popular Ignacio Codesido en xeral, “especial dilixencia nas súas funcións en beneficio das e dos veciños de Touro”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies