O proxecto está destinado a persoas con diversidade funcional e de especial vulnerabilidade

O Concello de Touro puxo en marcha o proxecto “Diversidade e Igualdade: Rompendo Barreiras” destinado á poboación con diversidade funcional e de especial vulnerabilidade.
Trátase dun programa de actividades de dinamización social mediante obradoiros tutelados, orientados á aprendizaxe e mantemento da saúde física, psíquica e social. As actividades estanse desenvolvendo dende o mes de marzo ata decembro. As persoas e familias interesadas en participar deben poñerse en contacto cos Servizos Sociais do concello.
Ten como obxectivo principal o empoderamento das persoas con divesidade funcional, reforzando a súa seguridade emocional, a súa resilencia e a súa capacidade para superar barreiras sociais e persoais. Así mesmo, permite un respiro familiar para as súas coidadoras, na súa maioría mulleres.
Agora este programa foi seleccionado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que deste xeito achega financiamento para o seu desenvolvemento.
