As débedas coa empresa que habitualmente distribúe auga con cisternas cando se dan estes problemas pode complicar aínda máis a situación.

Touro é un concello no que, como en todos, a auga é moi necesaria pero ademais existen numerosas granxas que precisan do servizo para manter a produción e coidar os animais. En este contexto prodúcese a avaria que ten sen auga a Touro desde hai dous días, polo menos ata o momento de escribir este artigo.
Beseño, Quión, Andeade, Turces, Circes ou Cornado son parroquias que sofren a falta de abastecemento. O concelleiro non adscrito, Darío Rey, é moi crítico e lembra que o equipo de goberno de Roberto Castro non fixo nada para mellorar o abastecemento.
En declaracións a El Correo Gallego o alcalde recoñecía que non sabían aínda a que se debera o problema pero que estaban traballando para solucionalo. Castro tamén recoñecía que non teñen unha infraestrutura preparada para este tipo de problemas.
En risco a solución temporal
A veciñanza sen auga pero tamén as granxas e todo isto cando chega unha ola de calor que precisa do líquido elemento. Pero a denuncia de Rey vai máis alá xa que a empresa que habitualmente reparte auga en cisternas cando se da este problema ten pendente de cobro máis de cen mil euros desde hai un ano, polo que o concello podería ter que buscar outro subministrador.
