займ срочно

Touro dedica a maioría do Plan Único a gasto corrente

0

Bisbarra, 14 de febreiro do 2023 – O Movemento Veciñal de Touro critica que o goberno municipal dedique a maioría do Plan Único da Deputación a gasto corrente no canto de investir e arranxos.

O Movemento Veciñal, xa constituído como partido de cara as eleccións de maio, denuncia que eses fondos servirán para pagar o salario dunha concelleira. Engaden que poderían servir para mellorar o saneamento, infraestruturas hidráulicas ou obras de distintos tipos.

Concello de Touro

O total dos cartos destinados a estes gastos ascende a 271.566€. Movemento denuncia ademais que ao negarse a investir na rede de saneamento o goberno municipal vai rematar a lexislatura sen ningunha obra en esta área.

Engaden que tampouco se investira na rede de abastecemento e denuncian os graves problemas que sofre a presa de captación e bombeo en Santaia. Unha situación que pon en risco o abastecemento de auga de cara ao verán.

Tamén poñen o foco na piscina municipal que , explican, “é un auténtico coador xa que perde auga en cantidades astronómicas”. Consideran a actitude do goberno de “irresponsable e temeraria ao condicionar e poñer en risco a actividade económica da veciñanza e condicionándoa día a día”.

‌Un dos poucos investimentos aprobados foi a mellora da pista da Capela en Novefontes. Trátase dunha demanda que se leva repetindo catro anos. Unha obra non exenta de crítica xa que a oposición di que “non irá con aglomerado a pesares de que se utiliza aglomerado para asfaltar pistas no medio do monte. Novefontes ao alcalde só lle interesa para ir pedirlle o voto”.

Tamén foi moi cuestionada a decisión de destinar o Plan Social, incluído no Plan Único da Deputación, á contratación dunha traballadora social. Esta persoa encargarase de xestionar as axudas enerxéticas da Deputación e terá un custo de 9.000 euros durante seis meses. Unhas axudas que poden alcanzar os 30.000 euros. O Movemento Veciñal de T0ouro considera que “os recursos persoais de servizos sociais que ten o concello son totalmente suficientes e eses 9000€ deberían ir a axudar á veciñanza”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies