Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

Touro aproba obras por 295.000 euros

Concello de Touro DSC_0131 slide_r

O goberno municipal de Touro levou a pleno ordinario un paquete de obras con cargo ao POS e complementadas con fondos propios.

O novo goberno de Touro comeza a funcionar de xeito práctico e os acordo co concelleiro non adscrito avanzan. O último de estes pactos consigue levar a pleno un paquete de obras que alcanzan os 295.000 euros de investimento.

As obras fináncianse con cargo ao Plan POS Adicional 2/2025 e cunha achega complementaria do Concello, tras o acordo alcanzado entre o grupo liderado polo alcalde Jesús Reboredo e o concelleiro non adscrito Darío Rey.

As actuacións previstas permitirán mellorar diferentes espazos e infraestruturas municipais, dando resposta a demandas veciñais e contribuíndo a seguir avanzando no benestar da veciñanza. Inclúense obras estratéxicas que facilitan a comunicación con núcleos de traballo ou servizos.

Entre os proxectos está a mellora da estrada de Grixó, que permitirá que os traballadores de todo o concello que prestan servizos en Camporrapado volvan a utilizar esta vía, acurtando notablemente o traxecto. A intervención en Tribás, ademais de atender aos veciños dese núcleo, tamén beneficiará aos de Arinteiro e Torreis, e inclúe, xunto co tratamento asfáltico con aglomerado, a construción dun pozo e dun sumidoiro para mellorar a drenaxe.

Outra novidade destes proxectos é que o formigón empregado en contornos naturais será de cor ocre, co obxectivo de adaptarse mellor á contorna e respectar o carácter paisaxístico das zonas. Estas obras acometeranse a finais do inverno e comezo da primavera.

O vindeiro mes de outubro, o goberno levará a pleno outro paquete de intervencións urxentes, como a mellora da captación municipal de auga, o arranxo da piscina e outros proxectos estratéxicos para o concello. A pesar de aprobarse con carácter posterior, poderán sacarse a concurso mesmo con anterioridade, ao ser financiadas con remanente, o que simplifica notablemente a tramitación burocrática.

Obras incluídas no proxecto:

Ponte Remesquide

Acceso ao campo de fútbol municipal

Pista Cruz Méndez – Tribás

Acceso interior de Cillobre

Pista de Grixó

Camiño de acceso ao lavadoiro da Muíña

Camiño interior no núcleo de Obra

Pista da Gordela – Turces

Pista Quintáns – Prevediños

Pista Vilanova – Loureda – Louredela

Post navigation

Previous: As vivendas baleiras pagarán máis impostos en Santiago
Next: O máis lido en Lindeiros do 8 ao 13 de setembro do 2025

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.