Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

O goberno de Touro evita votar en contra do proxecto mineiro

pleno touro mocion bng mina NORMAL 16 abril 2025

Movemento Veciñal de Touro, Partido Galego e Partido Popular votan en contra dunha moción do BNG, e do concelleiro non adscrito Darío Rey, que pedía que o goberno municipal se acudise nos procesos xudiciais

O pleno ordinario de abril do 2025 en Touro ben podería celebrarse hai unha década ou dúas. Unha moción en contra do proxecto mineiro foi rexeitada por 9 de11 concelleiros. Os argumentos para este voto en contra son, como pouco, inesperados.

A moción foi presentada polo BNG de Touro. Pedía no primeiro punto instar á Xunta a anular a declaración de Proxecto Industrial Estratéxico. No segundo instaba aos órganos medio ambientais a unha declaración de impacto ambiental negativa. Remataba cun terceiro punto instando de novo á Xunta a que obrigue á empresa a restaurar os terreos segundo os compromisos adquiridos no seu día.

O concelleiro non adscrito Darío Rey, que hai meses deixou o goberno municipal, pediu engadir un cuarto punto solicitando que o concello se acudise como parte afectada nos procesos xudiciais que se abran.

Le en Lindeiros todas as informacións sobre os conflitos mineiros en Galicia

Argumentacións sorprendentes

O voceiro do Partido Popular, Jesús José Reboredo, defendeu o proxecto como o único xeito de que se minimice a contaminación. Chegou a dicir que “Non nos enganemos, non podemos pecar de inxenuos, dicir que a empresa vai poñer os cartos… non os pon para evitar a contaminación e que os vai poñer para a restauración, a única alternativa e que a Xunta ou algunha administración expropiase os terreos, hai que ser realista”.

Máis sorprendente foi o dito polo alcalde, Roberto Castro do Movemento Veciñal de Touro, que asegurou “o goberno non pode aceptar esta moción, entendo que a corporación debera telo en conta, porque na fundamentación o que expón é sobre informacións xornalísticas; todo o que contén, o punto 3 non pero os outros si, están baseados nunha información xornalística [ ] ata onde este alcalde sabe todo o relativo á fiscalía, á cualificación de penas, é unha información xornalística”.  

Como xa contamos en Lindeiros, na causa aparecen como acudidos Ecoloxistas en Acción como acusación popular ambiental. Esta organización xa fixo declaracións sobre as peticións da Fiscalía polo que deben saber do que falan.

Tras un debate no que en todo momento se mantiveron estas posturas con similares argumentos, só votaron a favor o voceiro do BNG, Xoán Antón Louzao, e o concelleiro non adscrito Darío Rey. Parece que en Touro pasan os anos pero non o tempo.

Podes ver o pleno completo en Youtube

https://www.youtube.com/live/mOT-ecraDR8?si=ihKlcZPD_nRlqDwF

Post navigation

Previous: Temos menos fauna co eucalipto pero as plantacións seguen medrando
Next: Ver Compostela con outros ollos

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.