Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro

Os veciños de Touro fan balance da loita contra a mina

A Casa da Cultura de Touro encheuse este sábado 29 para facer balance dos dous anos e medio de loita contra a mina de Touro-O Pino.
touro asamblea

Table of Contents

Toggle
  • Touro, 2 de marzo do 2020 – A Casa da Cultura de Touro encheuse este sábado 29 para facer balance dos dous anos e medio de loita contra a mina de Touro-O Pino.
    • Traballo desde o 2017
    • A restauración

Touro, 2 de marzo do 2020 – A Casa da Cultura de Touro encheuse este sábado 29 para facer balance dos dous anos e medio de loita contra a mina de Touro-O Pino.

Tres mulleres da  Plataforma, xunto con representantes de organizacións que tiveron unha fonda implicación na loita contra a mina (Serafín González da Sociedade Galega de Historia Natural, Xaquín Rubido da Plataforma pola defensa da Ría de Arousa e Fins Eirexas da asociación ecoloxista ADEGA), debullaron nas súas intervencións diferentes aspectos deste proceso ata acadar a DIA negativa.

Traballo desde o 2017

Na xornada repasaron a loita veciñal dende que o DOG daquel 25 de agosto de 2017 trouxera a nova do proxecto mineiro: as xuntanzas, a preparación de alegacións, a necesidade de espallar os enormes impactos do proxecto, a presenza na rúa … agradecendo o apoio e empatía que recibiron da cidadanía e que quedou patente na enorme manifestación que encheu o Obradoiro o 10 de xuño de 2018.

A reunión serviu para reflexionar sobre o papel da muller hoxe en día nestas loitas, xa que no caso de Touro, unha boa parte da plataforma está formada por mulleres.

Os veciños de Touro fan balance da loita contra a minaAnalizouse o marco lexislativo actual que parece derivar cara unha desregularización feita a medida para que estes megaproxectos non atopen atrancos na súa tramitación. Na charla lembrouse que cando se iniciou a tramitación do proxecto para Touro, ao que acaba de dárselle carpetazo, aínda non entrara en vigor a Lei de fomento da implantación de iniciativas empresarias (a chamada “Lei Depredación”). Según as últimas novas esta lei podería ter continuidade en outras que vaian no mesmo senso, como a que iniciou a súa tramitación en xaneiro, a Lei de Avaliación Ambiental, da que temen poida dificultar aínda máis que a veciñanza sexa quen de defenderse de proxectos coma o da mina.

A restauración

O encontro serviu para analizar a necesidade de que dunha vez se aborde un proxecto serio de restauración dos terros da mina vella dos anos 70-80 que segue drenando a súa contaminación aos regatos da zona e que acaba no Ulla e na ría. Repasouse a necesidade de interacción con outras plataformas que loitan contra problemas medioambientais, sendo máis que nunca preciso a empatía e o compañeirismo.

Os veciños de Touro fan balance da loita contra a minaAs organizacións máis senlleiras lembraron loitas pasadas nas que a mobilización popular foi clave: dende os verquidos na fosa atlántica á traxedia do Prestige. E tamén a necesidade de unión entre as xentes do campo e do mar, un sector que soubo entender a dimensión do problema, a afección que lle suporía, e fixo esta loita súa.

Post navigation

Previous: Lousame abre o albergue reformado de Tosoxoutos
Next: Xosé Bugallo aproba os orzamentos de Compostela

Máis novas

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Estrada de Touro, imaxe de arquivo
2 minutes read
  • Xeral

Touro consegue sacar adiante o POS adicional 2025 da Deputación da Coruña

Momento da entrega da documentación do Pazo de Andeade ao Arquivo Universitario
4 minutes read
  • Xeral

O fondo documental do Pazo de Andeade incorpórase ao Arquivo Histórico universitario

Vista actual da mina de Touro
3 minutes read
  • Xeral

Touro ofrece á veciñanza modelos de alegacións contra o proxecto mineiro

Cartel nunha manifestación en contra da reapertura da mina de Touro
3 minutes read
  • Xeral

A reapertura da mina de Touro de novo unha posibilidade

ulla fest 2026 (3)
1 minute read
  • Touro

Touro acada un éxito co Ulla Fest

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.