As queixas do colectivo de pescadores parten dos procedementos que se usan para o desembalsamento do encoros e que elevan o nivel do Ulla.

O pasado 1 de maio comezaba a tempada de pesca en Galicia. O río Ulla é un dos ríos con máis presenza de afeccionados a esta práctica deportiva. Un caudal ao que lle afectan de forma directa a xestión dos distintos encoros e que agora denuncian os pescadores.
Segundo denuncian os pescadores ante o concello de Touro, as presas hidroeléctricas situadas no concello están desembalsando auga permanente producindo a elevación do nivel das augas moito por riba do seu caudal natural, situación que imposibilita o exercicio da pesca aos afeccionados.
Ante as queixas de pescadores por esta situación, o Concello de Touro vén de solicitar a Augas de Galicia que actúe dentro das súas competencias e interveña ante as empresas eléctricas de xeito que estas fagan un uso da súa concesión que permita compatibilizar ca práctica da pesca recreativa. Para o concello de Touro a pesca recreativa é, ademais dun recurso turístico, unha actividade lúdica de primeira orde para a veciñanza.
