Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

Touro perde definitivamente os fondos do POS+ 2025

deputacion visita touro SLIDE 3 xunho 2025

Máis de 753.000 euros perdidos e unha situación que pode levar a que os 250.000 € dos POS adicional queden tamén sen asignar se as forzas políticas non chegan a un acordo.

No mes de febreiro explicabamos a situación  política que se vive en Touro e que derivou na perda dos cartos do POS+ 2025 da Deputación da Coruña. 753850 euros que quedaron fora da sesión plenaria da Deputación, a pasada semana, e polo tanto non chegarán ao concello.

Onte visitaba Touro o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que chamaba á responsabilidade para que os grupos cheguen a acordos que consigan que polo menos o Plan de Obras e Servizos Adicional poida ser entregado e aprobado.

É a primeira vez que un concello non presenta o Plan de Obras e o de Touro foi, ademais, o único dos 83 municipios da provincia que non o fixo. Excepcional é tamén que González Formoso sexa socialista, un partido que nas últimas eleccións perdeu a representatividade no concello. Un contexto insólito nunha bisbarra acostumada a todo tipo de situacións

Na visita a Touro, ademais de Formoso, participaron tamén os deputados provinciais Bernardo Fernández, secretario provincial do PSdeG, e Antonio Leira. Na reunión co alcalde, Roberto Castro Rocamonde do MovementoVeciñal de Touro, Formoso lembrou que as bases do Plan Único establecen que os investimentos aos que se destinarán os fondos deben ser aprobados polo pleno municipal. A falta deste acordo plenario no prazo estipulado imposibilita a transferencia dos fondos.

Tempo para negociar

Hai que destacar que o concelleiro non adscrito Darío Rey enviara unha carta ao alcalde, e ao primeiro tenente de alcalde, en setembro do 2024 pedindo tempo nas convocatorias de reunión para avaliar as obras do POS. Rey pedía explicitamente unha “planificación aberta e transparente” e “meses de marxe para permitir a participación de todo o goberno na toma de decisións”.

Darío Rey adiantaba tamén en aquela carta que o seu apoio plenario estaría condicionado a estas condicións. Finalmente as convocatorias do alcalde non chegaron e mesmo a última sesión plenaria para aprobar o POS fíxose con menos de 24 horas de adianto, dando como resultado a perda dos fondos.

Unha segunda oportunidade

Agora ábrese a posibilidade de conseguir os 269.190 euros do plan adicional, que o Concello de Touro pode aprobar aínda mediante acordo plenario entre o 23 de xuño e o 12 de setembro. O goberno municipal, Movemento Veciñal con 3 concelleiros e un concelleiro máis do Partido Galeguista, ten a posibilidade de consensuar o plan co PP (5 concelleiros) ou co concelleiro do BNG e o non adscrito Darío Rey (que comezara a lexislatura no goberno e deixouno por vontade propia como xa contamos).

De non haber acordo tampouco sobre a achega adicional, o municipio perdería  máis de 1 millón de euros de investimentos este ano, o de maior orzamento do POS da historia da Deputación, con 116 millóns para todos os concellos da provincia.

Formoso alertou da singularidade deste escenario. “Dende a Deputación, estamos moi preocupados pola dinámica política do Concello. Vemos que é o único da provincia no que parece complicado sacar adiante un plan tan esencial para os municipios como é o POS, que no caso de Touro supón arredor do 30% do orzamento municipal e practicamente ao 90% das inversións do Concello”, subliñou.

O presidente provincial fixo un chamamento á responsabilidade das forzas políticas do municipio para deixar de lado os intereses partidistas e priorizar o ben común. “É urxente acadar un acordo que impida que Touro quede paralizado a nivel de investimentos”, sinalou.

Pola súa banda o alcalde, Roberto Castro Rocamonde, explicou que a proposta de investimentos do Plan Único foi rexeitada polo Partido Popular no pleno “sen presentar unha proposta alternativa, máis que pedir a dimisión do alcalde”, a pesar de que “algunhas das obras recollidas foran propostas no seu día polo propio PP”.

Ante esta situación decidiu remitir á Deputación un decreto da alcaldía coa solicitude das obras co obxecto de intentar salvar os fondos para o municipio. Este decreto non tiña validez xa que a aprobación das obras ten que ser plenaria.

O certo é que o alcalde ten nas súas mans os acordos. Se hai unha negociación poderase valorar a postura de cada grupo ou concelleiro pero se as reunións non se convocan será o primeiro paso para perder tamén o POS adicional.

Post navigation

Previous: As familias do IES de Brión denuncian a falta de recursos
Next: Transporte en Compostela, de concesión a contrato de servizos

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.