Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Touro

Touro descobre o seu patrimonio oculto

Unha nova xornada de visitas mostrará aos participantes o patrimonio descoñecido de Touro

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026

Touro, 07/10/2026 – O Concello de Touro celebrará unha nova edición da xornada “Patrimonio Oculto”, unha iniciativa que nace coa intención de poñer en valor lugares singulares do municipio que, ben pola súa natureza privada ou polas súas características, non son habitualmente visitables ou permanecen descoñecidos para boa parte da veciñanza.

A proposta está inspirada nas coñecidas xornadas de Patrimonio Oculto de Compostela, nas que os participantes teñen a oportunidade de coñecer espazos e elementos patrimoniais habitualmente pechados ao público.

Tras o éxito da primeira edición celebrada en Touro, a iniciativa regresa cun percorrido en autobús por diferentes puntos de interese patrimonial do municipio. Durante a xornada, as persoas participantes poderán descubrir lugares, historias e elementos do patrimonio local desde unha perspectiva diferente.

“O obxectivo é que os propios veciños e veciñas poidan descubrir un patrimonio que moitas veces temos ao lado da casa e que non coñecemos”, sinala o concelleiro de Patrimonio, Darío Rey, que destaca tamén a excelente acollida da primeira edición.

As prazas son limitadas e o ano pasado esgotáronse rapidamente, polo que desde o Concello animan ás persoas interesadas a inscribirse canto antes. As inscricións estarán abertas ata o 14 de outubro, enviando os datos ao correo electrónico turismo@concellodetouro.gal.

A xornada pretende consolidarse así como unha actividade para coñecer, divulgar e valorar o patrimonio cultural de Touro, achegándoo á cidadanía dun xeito diferente, participativo e próximo.

Post navigation

Previous: XXI Festival Internacional de Maxia de Ames
Next: Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.