займ срочно

Patrimonea formará parte de Galicia destino sostible

0

Bisbarra, 14 de novembro do 2022 – A empresa de Touro Patrimonea foi elixida para formar parte do paquete Galicia destino sostible impulsado desde o Cluster de Turismo e a Xunta de Galicia.

Galicia destino sostible ten como obxectivo poñer en valor a oferta turística autonómica que contribúe a un crecemento sostible da comunidade. Patrimonea foi seleccionada tendo en conta a responsabilidade social corporativa, o impacto positivo no territorio local, a compatibilidade coa estratexia de turismo sostible e a elaboración de experiencias turísticas baseadas en elementos propios da identidade local entre outros criterios.

Patrimonea sacou o pasado inverno o primeiro paquete turístico centrado no Ulla. Tamén consolidou diferentes propostas baseadas no sendeirismo con base en Touro (o roteiro entre pazos, fervenzas e corredoiras ou Camiños da historia entre outros).

Roteiro Camiños da historia

O vindeiro domingo 20 Patrimonea programa o roteiro «Camiños da historia» na parroquia tourense de Loxo, a menos de media hora de Santiago de Compostela, e convida a todos os amantes do sendeirismo a esta cita para celebrar conxuntamente o recoñecemento como unha proposta turística sostible e 100% rural.

Máis información sobre a inscrición na web de Patrimonea ou no teléfono 699 68 02 17.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies