Touro, 17 de setembro do 2019 – Hai uns días contábamos as queixas da veciñanza de Loxo, en Touro, polos cheiros da mina e agora dan un paso máis e organízanse de cara ao pleno de final de mes.
A veciñanza remite agora un novo comunicado no que explican que na fin de semana comezaron a colocación de carteis e pancartas nas casas de Loxo. Piden ademais a implicación de todos e iniciaron unha recollida de firmas contra os cheiros.
O próximo día 27, 13:30 horas, a problemática levarase ao pleno municipal. A intención dos veciños e acudir e informan de que nas oficinas do concello están as follas de firmas a disposición de todos os que queiran mostrar o seu apoio.
A veciñanza de Loxo di no comunicado que “dalgunha maneira a empresa que leva a cabo a actividade de tratamento de residuos terá que cumprir a lei e suprimir os cheiros ou cesar a súa actividade”.