займ срочно

Acusan ao goberno de Touro de facer oposicións “A medida”

0

Bisbarra, 31 de marzo do 2023 – O Movemento veciñal de Touro denuncia que  o goberno municipal “aprobou as bases dun concurso-oposición feitas a medida da filla dun funcionario municipal vinculado ao PP”.

A cuestión xurdiu no último pleno a raíz da pregunta formulada polo Movemento Veciñal sobre as bases dun concurso oposición para unha praza de funcionaria administrativa. En ese caso as puntuacións dos méritos coinciden “ca experiencia laboral da filla dun funcionario do concello”.

A pregunta era si esa coincidencia era froito da casualidade ou pola contra as bases foran feitas a medida de esa persoa. O alcalde Ignacio Codesido respondeu e argumentou que “non foi casualidade”, recoñecendo implicitamente que as Bases se elaboraran conforme aos méritos desta persoa.

01

A persoa presuntamente beneficiaria do concurso empezou a traballar no concello de  Touro como auxiliar administrativa cun contrato temporal de seis meses que lle foron prorrogando. No momento de aprobación das bases esta traballadora acumulaba os tres anos de experiencia que lle dan a puntuación máxima segundo as Bases da convocatoria, e 36 puntos sobre a totalidade do concurso-oposición, a razón de un punto por mes traballado nese posto.

As bases do proceso foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local de Touro o pasado mes de maio de 2022 nunhas circunstancias sospeitosas segundo o Movemento Veciñal de Touro, aproveitándose de que nese momento o pai da presunta beneficiada, Jesús Reboredo González, funcionario municipal, exercía temporalmente de secretario substituto.

Exerceu así de Secretario da Sesión da Xunta de Goberno Local que aprobou as bases do concurso-oposición. O Movemento Veciñal destaca a participación determinante de Jesús Reboredo nas Bases do concurso-oposición que beneficiarían presuntamente á súa filla.

Jesús Reboredo González, funcionario administrativo no concello de Touro, foi o candidato á alcaldía de Touro polo PP no ano 1999, aínda que logo non chegou a tomar posesión da acta de concelleiro.

O Movemento Veciñal anuncia que está preparando as actuacións para repoñer a legalidade do proceso, eliminar o enchufismo, e que todas as persoas interesadas poidan participar na oposición de xeito libre e en condicións de igualdade, mérito e capacidade como determina a lei.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies