Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Touro

Touro ofrece á veciñanza modelos de alegacións contra o proxecto mineiro

As alegacións servirán para recorrer as denegacións de persoa interesada no proxecto de Cobre San Rafael para a mina de Touro

Vista actual da mina de Touro

Touro, 26/06/2026 –  Tras os cambios no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no mes de marzo, e a estimación dun recurso presentado por Cobre San rafael, o novo proxecto para a Mina de Touro volveu case que o principio como xa contamos en Lindeiros.

Unha das preocupacións do concello de Touro, en especial da Concellería de Medio Ambiente que lidera Darío Rey, era conseguir estar presentes como administracións ou como particulares no proceso e ter acceso á información actual e a que chegue.

Por esas razóns ofrecen á veciñanza unha serie de modelos oficiais de alegacións cos que recorrer as denegacións de persoa interesada no procedemento administrativo de autorización do PIE Cobre San Rafael, así como en todos os procedementos conexos.

 Apoio desde o Concello  de Touro

Os servizos xurídicos contratados polo concello elaboraron os diferentes modelos xa que, tras revisar as denegacións, conclúen que vulneran dereitos fundamentais. A veciñanza contará coa axuda de persoal municipal para cubrir e rexistrar correctamente as solicitudes.  

Desde o concello faise fincapé en que hai un mes de prazo, desde que se notifica á persoa a denegación. para a presentación dos recursos de alzada. O concello indica á veciñanza de Touro os pasos a dar para presentar os modelos de alegación de xeito correcto.

Dado que os tipos de denegación varían o concello ofrece seis modelos de alegación. O primeiro é para as persoas afectadas pola liña eléctrica. O segundo para os propietarios de terreos ou calquera ben afectado polo proxecto mineiro ou que desenvolvan algunha actividade económica na zona. No caso tres trátase de residentes moi próximos, con bens afectados e/ou actividades económicas. exemplo veciños Arinteiro.

O caso catro é específico para  comunidade de augas. O caso cinco para empadroados en Touro en xeral e o seis para veciños con moita proximidade ás vivendas, exemplo Bama.

Pasos previos

Desde o concello de Touro tamén se indica que antes de presentar as alegacións no rexistro e preciso elixir o modelo axeitado e completar os datos persoais.  Ademais de datos de contacto e identificación (DNI; correo electrónico, teléfono…) poderanse engadir  

    O concello de Touro asesorará á veciñanza nun proceso que se presenta longo e complexo. Hai que ter en conta que algúns dos maxistrados apartados das salas tras o relevo da cúpula do TSXG presentaron alegacións a eses cambios. Todo apunta a que a batalla xudicial, non so no caso da mina de Touro, tamén nos proxectos eólicos, xogarase en dúas frontes interna e externa.

    Post navigation

    Previous: A Unión Hoteleira pide transparencia coa recadación da taxa turística
    Next: “Dodro con orgullo” reafirma o compromiso do concello coa diversidade

    Máis novas

    Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
    2 minutes read
    • Ames

    Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

    O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
    4 minutes read
    • Xeral

    A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

    Cartel do festival Lanzadeira 2026
    4 minutes read
    • Axenda

    Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

    Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
    2 minutes read
    • Frades

    Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

    Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
    4 minutes read
    • Xeral

    O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

    Lugar de Agromaior no concello de Teo
    2 minutes read
    • Xeral

    Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

    Cartel da andaina por parellas de Rois
    3 minutes read
    • Axenda

    A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

    imaxe do proxecto da mina de Touro
    4 minutes read
    • Xeral

    Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

    Etiquetas

    25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
    • Facebook
    • X
    • Instagram
    • BSky
    • Youtube
    • Whatsapp
    Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

    We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

    Configure cookies

    Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

    Help measure site usage and improve its content.

    Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

    Store preferences or enable non-essential external content.