Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • O Pino
  • Touro
  • Xeral

Mina de Touro O Pino, regreso ao futuro

Vista actual da mina de Touro

Bisbarra, 30 de xaneiro do 2025 – No clásico de 1985 (Regreso al futuro, Robert Zemeckis) os protagonistas teñen que volver ao pasado para arranxar  futuro, algo moi similar ao que pasa nos concellos de Touro e O Pino coa mina que quere reabrir Cobre San Rafael.

Volver ás protestas, ás denuncias e ás alegacións como as que presentou a Asociación ecoloxista ADEGA. O proxecto mineiro Touro O Pino foi rexeitado no 2021 e sen embargo xorde de novo como ameaza.

Máis sobre o proxecto Touro O Pino

A obsesión por a mina de Touro do CEO deAtalaya Mining a deixaba clara no 2021

No 2018 publicabamos unha reportaxe sobre que se vive en Touro que podedes ler aquí

E se queredes ler máis sobre a minaría na bisbarra atoparedes que hai de todo

No pasado novembro a administración permitía a tramitación do proxecto mineiro, idéntico no fundamental ao rexeitado hai 4 anos. A súa admisión a trámite impide que sexa rexeitado (polas similitudes cun proxecto xa rexeitado) segundo a Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental.

As emisións contaminantes para Touro O Pino, que explica en nota de prensa ADEGA, son algo máis que preocupantes. Adega lembra que ademais das sustancias contaminantes que recollen na documentación, as administracións están obrigadas a ter en conta todas aquelas que segundo a ciencia son son consideradas nocivas.

As comparacións cun proxecto moi similar como o de Riotinto en Huelva non parece deixar dudas.

Temos, pois, que o proxecto de CSR para Touro-O Pino, co mesmo sistema de explotación e beneficio do recurso que o de Riotinto en Huelva, e producindo menos Cu metal ao ano, emite considerabelmente máis metais pesados, óxidos de xofre e monóxido de C que aqueloutro.

Unha bomba ambiental con aínda máis riscos que o proxecto anterior

Comparando as cantidades determinados contaminantes calculadas para este proxecto coas que figuraban no que foi presentado en 2017, a propia empresa recoñece que o novo plan de explotación supón un considerábel incremento na produción de dalgúns contaminantes con respecto ao que fora rexeitado cunha DIA negativa en 2021.
As variacións no caso dos drenaxes ácidos apuntan a unha caracterización incerta que podería derivar en que a práctica totalidade dos estériles xeren drenaxes ácidas, como afirmaba a propia empresa en 2018 no expediente da solicitude de vertido para a balsa de Bama: “La casi totalidad de los materiales es potencial productor de sistemas con aguas hiperácidas” e “Con gran seguridad los únicos materiales que no tienen un potencial acidificante son prácticamente los suelos superficiales y algunas saprolitas fuertemente oxidadas de naturaleza caolinítica. El resto de los materiales siempre producirá acidez…”.

Deste xeito, o sistema de distribución dos estériles presentado pola empresa non pode garantir a non afectación ambiental, provocando a persistencia e o aumento da contaminación nas augas superficiais e subterráneas, non só durante o período de explotación senón tamén durante a fase post-clausura.

Esta contradición sobre a natureza dos estériles e o seu potencial contaminante resulta chave para avaliar os riscos ambientais e a viabilidade da explotación. Atendendo este transcendental feito, todas as medidas de tratamento dos estériles, de contención e mitigación das drenaxes ácidas e as propostas de restauración, son incorrectas, están mal dimensionadas ou serán ineficientes, o que inviabiliza o proxecto no seu conxunto.

Post navigation

Previous: Brión homenaxea a Xosé Vizoso no Día da Ilustración
Next: Músicas na Linde: Andrea Porto (A Banda da Loba)

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.