Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

Touro define o camiño a seguir

Vista actual da mina de Touro

Despois da moción de censura o novo goberno de Touro comeza a camiñar con precaución e intenta deixar claros eses primeiros pasos.

Esta semana aparecía a nova dunha visita do novo alcalde de Touro, Jesús Reboredo, visitaba os terreos da mina o que causou non poucos comentarios a raíz dunha publicación en prensa. Nun comunicado o goberno aclara que “a visita non garda relación co actual proxecto en tramitación, o obxectivo é coñecer o estado dos terreos mineiros e a súa situación”.

O comunicado segue dicindo que “o concello de Touro considera necesario precisar que a asistencia do alcalde foi exclusivamente de carácter informativo para coñecer o estado dos terreos”.

Comisión informativa de medio ambiente

O concello celebrou ademais a comisión informativa de medio ambiente, presidida polo concelleiro non adscrito Darío Rey. Tódolos grupos tiveron a oportunidade de dar a súa opinión sobre a situación medio ambiental de Touro e cales son as medidas claves para coidalo e melloralo.

Dario rey comunicou que q concellería de medio ambiente do Concello de Touro “trasladaralle ao órgano substantivo na tramitación do proxecto da mina a necesidade de considerar interesados a todos os veciños de Touro e O Pino, sen trámites burocráticos adicionais, de xeito automático”.

O concello axilizará os trámites, en punto morto polo anterior goberno, para instalar estacións medidoras dos cheiros nos puntos máis afectados. Por outra banda inicia o procedemento para persoarse nos procedementos abertos e que o concello sexa parte acudida nas causas relacionadas ca mina de Touro.

Post navigation

Previous: O máis lido en Lindeiros do 15 ao 20 de setembro do 2025
Next: Melloras no acceso ao polígono industrial de Covas, en Negreira

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.