Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

O alcalde de Touro vai por libre

Concello de Touro DSC_0131 slide_r

Un día despois da visita do Presidente da Deputación, asina un novo decreto aprobando o POS adicional pese a que ten que ser aprobado polo pleno se quere que sexa admitido .

Roberto Castro, do Movemento Veciñal de Touro e alcalde en minoría, repite xogada e aproba por decreto o POS adicional pese a que non serve de nada. O seu equipo de goberno non conseguira aprobar o POS do Plan Único en Pleno o que levou á perda de 753.000 euros.

Desde a Deputación comunicóuselle que as bases dos Plan Único non contemplan outra aprobación que non sexa en sesión plenaria polo que o decreto non servía de nada. Tras o ofrecemento de mediación do presidente da Deputación, o socialista Valentín González, Castro repite a mesma acción e emite un novo decreto que, como é lóxico, tampouco serve de nada.

A pasada semana tivo lugar un pleno no que este tema volveu a xurdir. En este caso si que o alcalde fixo un xesto e convocou de viva voz unha xunta de voceiros. Algo que, como explicou o concelleiro non adscrito Darío Rey, segue sendo irregular xa que a xunta de voceiros nunca chegou a constituírse.

A falta de acordo sobre a aprobación do POS  adicional pode levar á perda de outros 250.000 euros para Touro. Unha situación única na provincia como xa o foi a perda dos anteriores fondos. Se da reunión dos voceiros, e do concelleiro non adscrito, non sae un acordo Touro acabará perdendo este ano máis dun millón de euros para obras, gasto social e gasto corrente.

Post navigation

Previous: A expulsión dos concelleiros do PSOE salpicada polo caso de Santos Cerdán
Next: Os xardíns do Pazo do Faramello parte do itinerario cultural europeo de xardíns históricos

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.