Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

Denuncia penal pola presunta prevaricación en Touro

O Movemento Veciñal de Touro presentará denuncia penal polo caso da oposición a medida da filla do candidato do PP á alcaldía.
Concello de Touro DSC_0131 slide_r

Bisbarra, 4 de maio do 2023 – O Movemento Veciñal de Touro presentará denuncia penal polo caso da oposición a medida da filla do candidato do PP á alcaldía.

Movemento Veciñal explica que a denuncia preséntase tras a negativa do goberno municipal a convocar un pleno extraordinario. A intención da oposición era que o pleno instara á xunta de goberno local paralizará o proceso de concurso oposición e anulara as bases.

En decembro pasado o Movemento Veciñal de Touro preguntou nun pleno ao alcalde, Ignacio Codesido, “se a coincidencia entre a puntuación que outorgan as bases e a experiencia laboral da suposta beneficiada eran casualidade ou fora feito a propósito” ao que o rexedor non contestou.

No pleno de marzo, ao xurdir de novo a cuestión, o alcalde afirmou que “non houbo casualidade”, reafirmando para o Movemento as sospeitas de amaño. As bases obxecto da denuncia foron aprobadas sendo secretario accidental o actual candidato popular e ao mesmo tempo pai da presunta beneficiada.

A responsabilidade das bases motivo da denuncia recaería sobre a xunta de goberno local da que formaban parte o actual alcalde Ignacio Codesido, Jesús Martínez Pereira, Alfredo Souto Castelo e Adela Iglesias, exercendo de secretario accidental da mesma Jesús Roboredo González (actual candidato popular á alcaldía e pai da presunta beneficiaria).

Unha puntuación aumentada

O Movemento Veciñal de Touro explica polo miúdo o motivo da denuncia penal e as sospeitas de prevaricación. As bases outorgan un total de 36 puntos de 100 por experiencia laboral, a razón de 1 punto por mes de traballo nese posto. Este baremo coincide coa persoa beneficiada pola oposición polo que obtén a máxima puntuación posible.

Pero este baremo, comparado co de outras convocatorias, valora o dobre a experiencia na administración local desvirtuando o criterio de igualdade. Movemento Veciña engade que “O amaño queda evidenciado ao comparar o baremo de puntuación destas bases co doutras convocatorias nas que se puntúa a razón de 0,1 puntos por mes traballado e até un máximo de 10 puntos sobre 100. Nas bases amañadas puntúase até dez veces máis para conseguir que a presunta beneficiaria acade a máxima puntuación con só tres anos de experiencia”.

Estas bases non só foron denunciadas polo partido veciñal senón que tamén foron obxecto de recurso por parte de diferentes afectados durante o período de información pública; recursos a día de hoxe aínda sen resolver.

Post navigation

Previous: Ordenan a paralización da actividade na nave de Desproi en Costa Vella
Next: Paseo nocturno por Compostela

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.