Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Touro
  • Xeral

VI Morada de Bama en Touro

A Asociación Cultural A Pinguela, de Touro, organiza o vindeiro 6 de maio a VI Morada de Bama no campo da festa de esa parroquia.
festa morada de bama 27 abril 2023

Bisbarra, 27 de abril do 2023 – A Asociación Cultural A Pinguela, de Touro, organiza o vindeiro 6 de maio a VI Morada de Bama no campo da festa de esa parroquia.

A Morada comezará ás 6 da tarde, cando abra as súas portas o espazo de artesanía. En ese momento comezará tamén o espectáculo infantil “Rilo e Penadique”. No lugar estarán dispoñibles os xogos da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Actividades ofrecidas coa colaboración da empresa Deleite.

Xa as sete da tarde terá lugar un Obradoiro de baile impartido por Alex Martínez. Unha oportunidade única para aprender o básico do baile solto e desenvolverse nunha foliada sen problemas.

Ás 8 da tarde comezarán as actuacións da morada, con seis grupos chegados de diferentes puntos de Galicia; Brincadeira de Carbia de Vila de Cruces; Silva Verde do Castiñeiriño en Compostela; A Fonte de Merlán de Palas de Rei; Arrancadeira da Pobra do Caramiñal e os anfitrións, A Pinguela de Bama.

As actuacións programadas rematarán co espectáculo do grupo de Vedra A Requinta da Laxeira, actuación enmarcada dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

No medio das actuacións realizaranse varios sorteos con produtos doados por algúns dos patrocinadores. Por último, foliada aberta onde calquera persoa ou grupo poderá saír a tocar para que a luz do día nos pille bailando!

Todo estará conducido por Lito de Arzúa, coñecido humorista do Luar, que será o encargado de presentar os diferentes grupos cun bo toque de humor e retranca.

A cantina xestionada pola asociación ofrecerá bebida e bocadillos a prezos populares. Como novidade, este ano estará tamén a Pulpería Constante de Silleda para os que queiran cear un bo polbo á feira.

Por si os que queiran participar teñen medo da choiva haberá unha ampla carpa e ademais reservarase unha zona para acampada, con espazo para tendas, furgos e caravanas.

Post navigation

Previous: Novas denuncias polo baleirado da mina de San Finx
Next: Ata o día 7, Feira do libro en Compopstela

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.