Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

Moción de censura en Touro

pleno touro mocion bng mina NORMAL 16 abril 2025

O PP terá o apoio de Darío Rey, concelleiro non adscrito, que non entrará no goberno e “fiscalizará e velará porque se cumpre o acordo” desde a oposición.

Sesión plnaria do pasado mes de abril

O enrarecido ambiente do concello de Touro dará un xiro de 180 graos coa presentación dunha moción de censura por parte do Partido Popular co apoio do concelleiro non adscrito Darío Rey. A base do acordo alcanzado é a loita contra a reapertura da mina tal e como se reflicte nos primeiros parágrafos do documento.

Presentarse nas causas antes de dous meses

O primeiro compromiso do acordo para a moción de censura é que o concello se presente como acudido en tódalas causas que teñan que ver coa mina antes de dous meses. A isto súmase un acordo para que antes de 45 días o novo goberno elabore un prego de contratación pública, consensuado co concelleiro non adscrito Darío Rey, e aberto ás aportacións do resto das forzas, “que permita seleccionar unha consultora ou equipo técnico-xurídico de acreditada experiencia, solvencia e independencia”.

Esta equipa técnica terá “como requisito indispensable que acrediten experiencia previa en conflitos ambientais e na defensa de comunidades afectadas por proxectos extractivos, achegando casos de éxito contrastados”.

O acordo engade que o concello “non manifestará apoio institucional ao proxecto mineiro nin a ningunha das súas fases mentres non exista un mandato claro da maioría social e política do municipio, e en ningún caso durante os dous anos que restan da lexislatura”.

Comisión de Medio Ambiente

A outra clave do acordo sobre o que se sostén á moción de censura é a creación dunha denominada “Comisión de Medio Ambiente” que estará presidida por Darío Rey. O concelleiro sen embargo non entrará no goberno e segundo explica a lindeiros “fiscalizará e velará polo cumprimento do acordo desde a oposición”.

A mencionada “Comisión de Medio Ambiente”  funcionará como calquera comisión pero “O goberno municipal comprométese a respectar o criterio da presidencia da comisión e a non obstaculizar as iniciativas promovidas dende a mesma (presidencia)”, unha presidencia que, como dicimos, ostentará Darío Rey. Esta presidencia poderá ademais solicitar informes sobre as tramitacións das iniciativas ou ao equipo técnico xurídico contratado.

Outro dos acordos alcanzados entre populares e non adscrito é o compromiso de que “Non se asinarán convenios, acordos de colaboración nin compromisos económicos ou institucionais coas empresas promotoras do proxecto mineiro mentres este acordo estea en vigor”.

Outras áreas

O acordo define o traballo no resto de áreas de goberno e compromete a iniciar a negociación dos orzamentos do 2026. Hai tamén un compromiso para mudar o xeito en que se asignan as subvencións eliminar a maioría das nominais);  suprimir os criterios subxectivos na contratación de obras de asfaltado primando a oferta máis vantaxosa e dar publicidade de xeito activo desas contratacións tanto en redes sociais como en outros medios de comunicación.

Recuperación de escolas municipais; coidado do patrimonio (iniciando estudios arqueolóxicos en distintos puntos); reforzo do equipo e do equipamento de protección civil;  impulso da reagrupación e xestión común do monte; compra de parcelas para ceder a Xunta de cara á construción de vivenda… son outros dos compromisos do acordo de moción de censura.

O acordo levantará de seguro dúbidas e suspicacias pero, de cumprirse, supón un posicionamento absoluto en contra da mina por parte do goberno municipal. Que o actual alcalde, Roberto Castro do Movemento Veciñal de Touro, non pedira que o concello apareza como acudido nas causas contra a mina foi un dos detonantes de esta moción.

A perda dos fondos dos POS da Deputación, cerca de un millón de euros, ou a “ambigüidade” en todo o que ten que ver coa mina son outras cas causas de este movemento político. Nos vindeiros meses veremos como se desenvolve este novo capitulo da xa longa historia do concello de Touro.

Post navigation

Previous: Pazo de Andeade, A casa grande
Next: Parolando con Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.