Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • O Pino
  • Touro
  • Xeral

Minas cuestiona que a veciñanza de Touro sexa “persoa interesada” no procedemento da mina

mina-touro-drenaxe-slide-15-novembro-2021_r

A Plataforma Mina Touro O Pino NON xa tivo que demostrar que eran persoas interesadas no ano 2018 e agora pídeselles de novo a demostración

A realidade as veces demostra que existen universos paralelos. Mentres ninguén cuestiona os problemas económicos, a día de hoxe, de Cobre San Rafael e eles din que o diñeiro chegará cando teñan o permiso; a tramitación da autorización segue adiante.

Desde a Xunta nadan e gardan a roupa xa que explican que si a empresa e insolvente ten que disolverse pero que Ecoloxistas en Acción, que ven de presentar o informe que demostra a insolvencia, non é a autoridade competente para decidir iso.

Mentres esta batalla continúa a veciñanza ve como a loita, aletargada durante un tempo, volve a ser precisa ao recibir desde a Xefatura territorial de minas da Coruña cartas para que acrediten, unha vez máis, que son persoas “interesadas” no “procedemento” do proxecto mineiro.

Desde a Plataforma o consideran unha burla “xa pasamos por ese trámite en 2018 e o noso traballo e tempo nos costou, tivemos a sensación de ser unha especie de delincuentes por querer ter acceso ao expediente completo que nos quería vir quitar as augas, as terras…, e que nunca conseguimos. Agora volven a pedirnos que demostremos que podemos ser considerados persoas interesadas”.

A Plataforma lembra que no DOGA do 22 de novembro de 2024 publicouse unha relación de persoas que residen no concello e “deberían ser consideradas interesadas de oficio, resulta indignante dicirlle a alguén a quen lle queren expropiar fincas, ou traídas de auga, ou que lle van poñer unha balsa de lodos con risco de rotura extrema a 300 metros da casa, que demostre ser persoa interesada. Este proxecto xa foi avaliado, declarado desfavorable, e xa obtivemos o recoñecemento, debería dárselle xa carpetazo”.  

A veciñanza lembra ademais que o proxecto que se quere aprobar “Eliminará máis de 50 captacións de auga, pública e privada, que abastece a máis de 500 persoas e as súas actividades económicas, contempla ata 7 puntos de vertidos, ademais dos que xa existen, das recollidas nas cortas  os depósitos de estériles de planta, nas escorrentías nas pistas mineiras e na escombreira PAG,  tratadas quimicamente que irán aos ríos Pucheiras, Barral, Burgo, Portapego e Felisa, camiño do río Ulla”.

Post navigation

Previous: Melloras en redes e viarios de Feros e Calo en Teo
Next: Santiago acollerá en setembro o I Compostela Street

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.