займ срочно

Cobre san rafael leva aos tribunais a DIA negativa da mina de Touro

0

Bisbarra, 30 de novembro do 2022 – Cobre San Rafael ven de presentar unha demanda contra a resolución da Xunta de Galicia que daba como negativa a Declaración de Impacto Ambiental, DIA.

A DIA negativa data do ano 2020. Cobre San Rafael presentou un recurso de reposición que, en marzo de este ano, foi desestimado pola Xunta de Galicia. De este xeito o proxecto de extracción quedaba completamente descartado.

Como contamos no seu momento, Alberto Lavandeira, Ceo de Atalaya Mining (propietaria de Cobre San Rafael), aseguraba no 2021 que “presentaremos el proyecto tantas veces como sea necesario”. Agora leva a DIA negativa ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Na denuncia aparecen como co demandos unha ducia de colectivos como as Cofradías de pescadores de Virxe do Carmen de Rianxo; a de A Pastoriza de Vilanova de Arousa; San Antonio de Cambados; a de a Pobra do Caramiñal; San Martiño do Grove e San Xulián da Illa de Arousa; así como a Federación Ecoloxista Galega, a Federación Ecoloxistas en Acción Galiza, a Confederación Ecologistas en Acción, a Fundación Montecola ou a Asociación Tralapena.

Todos os colectivos lamentan a insistencia da empresa mineira nun proxecto cunha Dia negativa. Lembran que Cobre san Rafael non foi capaz de acreditar a ausencia de afeccións significativas nas augas nin a integridade do Sistema Fluvial Ulla Deza.

Un novo proxecto inexistente

Os colectivos denuncian o dobre xogo da empresa. Campañas publicitarias en medios de comunicación e redes sociais falan dun “novo proxecto” que non foi presentado en ningún lado mentres acuden aos tribunais para intentar resucitar o anterior. As asociacións e Confrarías advirten de que mobilizarán todos os recursos legais para garantir que se manteña a negativa ao proxecto. Non descartan levar a mobilización de novo ás rúas no caso de que a mineira presente un novo proxecto. Denuncian ademais o constante “intento de compra de vontades con patrocinios e desinformación mentres a mina continúa contaminando 24 horas ao día”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies