Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

Mina Touro O Pino NON lembra que a ameaza de apertura segue existindo

touro-sete-anos-de-loita-slide-26-agosto-2024_r

Bisbarra, 27 de agosto do 2024 – Este pasado domingo cumpríronse 7 anos da declaración de impacto ambiental, DIA, negativa para a mina de Touro e a Plataforma veciñal lembra que nin foi restaurada nin se parou a ameaza.

A loita da Plataforma Mina Touro O Pino NON ocupou no seu momento os medios de comunicación, como sucedeu coa canteira da Casalonga en Teo ou a mina de San Finx en Lousame, tres problemas medio ambientais que seguen se resolverse e aos que se suma nos últimos tempos ALTRI en Palas de Rei.

A Plataforma emitía estes días un comunicado no que lembraba a loita veciñal. A previsión da empresa Cobre San Rafael era abrir a mina no Nadal do 2017 pero as mobilizacións, os apios recibidos de distintos sectores da sociedade ademais de informes como os do ICOMOS ou o do matemático e experto en hidroloxía estadounidense Steven Emerman e as alegacións da Fraternidade internacional do Camiño de Santiago, da Sociedade Galega de Historia Natural ou da Federación Ecoloxista Galega frutificaron, a finais de xaneiro de 2020, na DIA negativa.

A restauración dos terreos, para a que presuntamente a empresa Rio Tinto deixou 300 millóns de pesetas no 1988, era o seguinte paso pero a día de hoxe non se fixo. No ano 2000 Augas de Galicia asinaba un convenio coa USC, xa extinto, para estudar o mellor modo de afrontar a restauración pero nunca se rematou.

A realidade de Touro en este momento é que a mina non está aberta pero non seu sitio hai unha planta de residuos non perigosos que como explica a Plataforma “ recolle lodos de depuradoras que despois de mesturados con achas, deposítanse e amontóanse polos terreos da mina, metros e metros de espesor polas cortas abaixo, sen que se coñeza en que consiste este tipo de restauración”.

A planta ven recibindo continuas denuncias pola emisión de olores “nauseabundos e insoportables” para os veciños das aldeas de Fonte Díaz e sobre todo Loxo. Os ríos Pucheiras, Portapego, Ameneiro Lamas, Burgo, Felisa que van aos ríos Lañas e Brandelos e de aí ao río Ulla levan máis de tres décadas recibindo esa contaminación mentres a empresa argumenta que son “canles de pouca importancia”.

No 2018 a Xunta de Galicia esixe a empresa que cesen eses vertidos e pídelle á empresa un proxecto de drenaxe integral das augas  que se ten que concretar nunha canle perimetral, que no seu día eliminaran. Outra esixencia que a día de hoxe segue sen cumprirse.

Lonxe diso presentouse un proxecto temporal que propón un desvío das augas dos ríos Portapego, Ameneiro Lamas e Felisa a unha balsa de augas ácidas coñecida como a balsa do Vieiro. Esta balsa levaría as augas a unha depuradora e verteríanse ao rego Pucheiras, que actualmente xa está recibindo as augas do Vieiro sen autorización coñecida. A Plataforma considera que este proxecto só pretende baleirar a balsa do Vieiro “e ter, ademais de unha captación de augas boas herdada da anterior explotación mineira, unha autorización de vertidos legalizada para cando volvan a iniciar a actividade mineira”.

Ameaza de reapertura

A ameaza dunha reapertura continua pese a todo este historial. A empresa presentou un novo proxecto que foi declarado pola Xunta de Galicia, o pasado 24 de xuño, como Proxecto Industrial Estratéxico.

Ao mesmo tempo nos vindeiros meses o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia terá que resolver a demanda que Cobre San Rafael presentou contra a Xunta de Galicia pola DIA negativa; a Fiscalía de Medio Ambiente da Coruña ten abertas dilixencias penais de investigación sobre a situación que se está dando nos terreos da mina e as augas; Augas de Galicia ten enriba de mesa unha nova sanción á empresa da mina por vertidos industriais sen autorización procedentes da balsa de Bama, ademais de recursos por incumprimentos do proxecto de drenaxe temporal; a revisión da autorización integral da planta de residuos ou a autorización de vertidos ao rego Pucheiras das augas da balsa do Vieiro, ademais das dilixencias abertas no Xulgado de Arzúa por estas circunstancias.

Mentres a Plataforma Mina Touro O Pino NON segue pedindo apoios para loitar contra este novo intento de apertura e ven de abrir unha campaña de recollida de firmas na que podedes colaborar no seguinte enlace.

https://action.wemove.eu/sign/2024-8-deneguemos-la-reapertura-de-la-mina-de-touro-a-coruna-espana-ES?fbclid=IwY2xjawE6RRNleHRuA2FlbQIxMAABHZKMcGjp7EgD-X04M-4m7Pv2m2YeupfcKl_mL86TUv19CHFUHa_09zfVJw_aem_7fsJgMqRMvsmeeFK3xdEgA

Post navigation

Previous: Negreira acomete melloras nos centros educativos de cara o novo curso
Next: La Vuelta, entre as homenaxes e as protestas

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.