Touro, 29 de agosto do 2018 – Touro será parte da ruta cicloturista EuroVelo 3, unha marca que conta con con 14 rutas que discorren por diferentes países europeos.
Nun comunicado A Marea de Touro considera a integración da ruta cicloturista do concello na marca EuroVelo 3 é unha oportunidade de desenvolvemento única que se debe priorizar a proxectos como o da mina.
A marca EuroVelo, de recoñecido prestixio internacional, parte de Noruega e ten como destino Compostela, pasando por Touro no itinerario que lava o número 3. Este mes de agosto publicouse a licitación dos traballos de sinalización da ruta, despois de diversos estudos previos e comprobacións de que o trazado cumpre cos requisitos mínimos da Federación Europea de Ciclistas, tales como anchura de vías ou estado do pavimento. O itinerario segue o Camiño Francés e en Arzúa continúa por Touro cara Compostela.
Impacto económico na comarca
Diferentes estudos acreditan o importante retorno económico que supoñen estas rutas nas localidades por onde pasan, cun gasto medio de 57 euros por persoa e día; cifra superior á media xeral do turismo. En Marea Touro considera que esta ruta é unha oportunidade de vitalización económica e social moi interesante para a localidade, unha actividade sostible e duradeira; polo que apelan á responsabilidade política e social, sobre todo en materia de medio ambiente e conservación do patrimonio. En Marea considera imprescindible unha aposta clara pola conservación do medio ambiente e do patrimonio; resultando incompatibles as actividades agresivas ao medio coma o proxecto de megaminería actualmente en fase de tramitación.
Incompatibilidade co proxecto de apertura da mina
Se xa actualmente o proxecto de apertura da mina de Touro conta con diversos informes sectoriais preceptivos desfavorables debido ao seu impacto negativo sobre o medio ambiente, agora contraponse á oportunidade socioeconómica que ofrece a EuroVelo3 para Touro. Deste xeito En Marea Touro insta ao goberno local a que abandone a súa connivencia coas agresións ambientais nos terreos mineiros e ao tempo rexeite calquera proxecto de ampliación da mina.