Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

As peticións de inhabilitación para a propietaria da Mina de Touro podería paralizar o proxecto

touro-arranxos-na-mina-slide-25-xaneiro-2019_r

A Fiscalía pide inhabilitación especial para Explotaciones Gallegas SL, para o exercicio da actividade mineira ou extractiva o que podería paralizar a reapertura da Mina de Touro O Pino

A finais do mes de marzo Ecoloxistas en Acción recibiron unha notificación do xulgado na que se indicaba que o Ministerio Fiscal demanda unha inhabilitación especial para a propietaria da Mina de Touro O Pino, Explotaciones Gallegas SL.

Como consecuencia de esta petición do Ministerio Fiscal tanto Ecoloxistas en Acción como a Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non demandan á Xunta de Galicia que retire ao proxecto de reapertura da mina a condición de interese estratéxico e proceda ao seu arquivo.

A Fiscalía solicita no seu escrito que se impoñan penas de 2 anos de cárcere e inhabilitación especial para o exercicio de calquera actividade relacionada con actividades mineiras e extractivas aos propietarios e administradores da mina de Touro.

Acúsalles de presuntos delitos contra o medio ambiente. Delitos consistentes nas verteduras con altas concentracións de metais pesados realizadas desde a explotación mineira. A Fiscalía tamén demanda a imposición de multas por valor 47.000 euros, ao entender que a póliza de seguros da mina só cubre a responsabilidade civil por contaminación súbita e accidental e non por actividades ilegais.

Hai que lembrar que mentres se declaraba proxecto estratéxico, que reabría a posibilidade de que a Mina de Touro O Pino retomara a súa actividade, tiña lugar un proceso xudicial que leva xa seis anos de instrución.  O Xulgado de Arzúa abriu o   proceso tras unha denuncia da organización ecoloxista polas verteduras da mina ao río Barral, tributario indirecto do río Ulla.

Este proceso podería derivar nun xuízo oral dadas as probas presentadas contra a mineira de Touro, incluíndo numerosos informes e atestados da policía xudicial e ditames periciais. Isto levou á Fiscalía a concluír que os acusados non tomaron ningunha medida correctora que evitara os lixiviados de extrema acidez e altos contidos en metais pesados.

Desde Ecoloxistas en Acción, personada na causa penal como acusación popular ambiental, denuncian que a contaminación desde a mina de Touro é continua, sen que as numerosas sancións impostas desde Augas de Galicia, sempre de cuantías mínimas, tiveran efecto algún.

Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción explica que  “A solicitude de penas de cárcere por parte da Fiscalía evidencia a gravidade e intencionalidade da contaminación causada pola mineria e dá unha idea da catástrofe ambiental que suporía confiar a unha empresa con estes antecedentes un novo proxecto de magnitudes xigantescas”

Pola súa parte, a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non tamén solicitará á Xunta que retire a condición de “proxecto industrial estratéxico” á mina de Touro, distinción concedida a comezos do ano pasado.

Ecoloxistas en Acción e a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non engaden que agardan que “a Xunta rectifique e atenda aos milleiros de alegacións e informes técnicos presentados en xaneiro deste ano e que mostran que a reapertura da mina sería un desastre ecolóxico”.

Post navigation

Previous: O Museo das Minas de San Finx reabre as súas portas
Next: Piden melloras na Sionlla de Arriba, en Compostela

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.