Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

Touro mestura Entroido e música urbana

TOURO CARTEL ENTROIDO

Nunha época como a do Entroido na que os concellos compiten por atraer público aos desfiles Touro marcará este ano a diferencia. O concello programa o Ulla Fest, un festival de música urbana que se celebrará o vindeiro día 13.

En realidade o Ulla Fest Tempos de Entroido chega a súa terceira edición pero cun novo enfoque. Celebrarase no Campo da Festa de Fonte Díaz, cunha carpa climatizada, a partir das oito da tarde. A entrada será de balde o que garante unha boa asistencia.

Á espera do cabeza do cartel, están xa confirmados Willow GHZ, Kike Varela, Movinfast (DJ set), Lg1do Lil Sam e DJ Capy.

Concurso de Entroido

Touro seguira a festa ao día seguinte do Ulla Fest co concurso de Entroido. A cita no mesmo lugar, a carpa climatizada de Fonte Díaz, a partir das seis e cuarto da tarde. As inscricións realizaranse ata esa mesma xornada cunha solicitude no rexistro xeral do concello, na sede electrónica o esa xornada de 17:00 a 18:00 horas na mesma carpa.

A categoría infantil e xuvenil individual, ata 14 anos, recibirá un primeiro premio de 150 € e un segundo de 100 €. Tamén ata os 14 anos pero a de grupos ou parellas, está dotada con 250 € no primeiro premio e 200 € no segundo.

A categoría de adultos individual, máis de 14 anos, terá no primeiro premio 150 € e no segundo 100 €. No caso das parellas e grupos de adultos, o primeiro premio recibe 250 € e o segundo 200 €.

Finalmente a categoría de asociacións está dotada cun primeiro premio de 350 € e un segundo de 250 €. Unhas citas que convidan a pasarse este Entroido por Touro e desfrutar da música e dos disfraces.

Post navigation

Previous: O Entroido dos Xenerais da Ulla segue en Teo este sábado
Next: XXII Festa da Filloa da Pedra na Baña

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.