займ срочно

Touro celebra un novo pleno sobre a empresa TEN e a presunta situación ilegal

0

Touro, 30 de maio do 2022 – O concello de Touro celebrará este martes un novo pleno extraordinario sobre a situación, presuntamente ilegal, na que se atopa a empresa TEN (Tratamentos Ecolóxicos do Noroeste).

A emprsa ten aberto un expediente de reposición da legalidade urbanística pola falta de licencias nas súas instalacións. O expediente foi o resultado das inspeccións urbanísticas derivadas doutro pleno extraordinario celebrado no mes de novembro.

A empresa opera nos antigos terreos da mina de Touro con lodos de depuradora e outros residuos. Nos últimos tempos ven acumulando queixas e denuncias dos veciños polos cheiros e malestar que provoca na contorna.

O Movemento Veciñal de Touro lembra que segundo a Lei do Solo o alcalde, que é quen ten as competencias, tería que ordenar o cese da actividade. O grupo municipal denuncia que o rexedor, Ignacio Codesido,  “ trata de esquivar a Lei ao non notificar o cese da actividade, situación que a empresa aproveita para seguir funcionando con normalidade cas consecuentes molestias que causa á veciñanza”.

Irregularidades desde o inicio

Este é o primeiro expediente de legalidade urbanística que se lle abre a TEN, a pesares de que a  actividade á marxe da lei  vén desde os inicios. Desde o 2005 ata o 2011 a empresa funcionou sen a necesaria licenza municipal de obras e actividade.

O Movemento Veciuñal lembra que TEN “converteuse así no maior xestor de lodos e residuos de depuradora de Galicia, con consecuencia de cheiros pestilentes e afección á calidade do medio ambiente. Esta afección causa molestias á veciñanza na súa vida diaria e provoca a devaluación das súas vivendas nas áreas máis afectadas e na Fonte Díaz”.

O Movemento Veciñal, principal partido da oposición, presentou varias propostas a debater no Pleno dirixidas a que o Concello (o Alcalde) cumpra coa lei para que TEN cumpra a lei a fin de que non se causen molestias á veciñanza, nin afeccións á saúde das persoas nin do medio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies