займ срочно

A Xunta confirma a negativa á extracción de cobre en Touro

0

Touro, 25 de marzo do 2022 – A Xunta de Galicia resolve de xeito negativo o recurso de reposición presentado por Cobre San Rafael contra Declaración de Impacto Ambiental, DIA, negativa emitida en xaneiro do 2020.

Hai que remontarse ao 2017 para explicar o sucedido. En aquel ano a empresa presenta un proxecto de extracción de cobre a ceo aberto na mina de Touro xunto con un plan de restauración. En xaneiro do 2020 emítese desde a Xunta unha DIA negativa que, en febreiro do 2021, serve de base para a denegación definitiva do proxecto presentado.

Recurso de reposición

Cobre San Rafael presentou un recurso de reposición ante denegación. No documento acusaba a Autoridade Ambiental de actuar de xeito arbitrario. Lindeiros recuperaba en decembro do 2021 unha entrevista co CEO de Atalaya Mining, Alberto Lavandeira, na que dicía que garantían a seguridade pero que os técnicos da Xunta “non os crían”.

Unha negativa sólida

A Xunta de Galicia lémbralle a Cobre San Rafael que “no expediente existe material probatorio máis que suficiente para acreditar a legalidade da resolución impugnada e así consta no procedemento que garanten o acerto dos pronunciamentos contidos no acto obxecto recurso, e a especial transcendencia para os efectos probatorios que ten a DIA de 28 de xaneiro de 2020 negativa, ao provir do órgano administrativo técnicamente especializado en materia ambiental”.

A empresa ten a posibilidade aínda de presentar un recurso contencioso administrativo, baseado e erros de tramitación, que non ten moitas posibilidades de prosperar

Restauración pobre

Por outra banda no pleno municipal de Touro desvelouse que a cantidade prevista pola empresa para o drenaxe da mina é de 38.146 euros, moi lonxe dos teóricos 1,9 millóns anunciados en meses pasados. O proxecto deixa fóra extensas zonas de canles e marxes fluviais onde se acumulan millóns de toneladas de lodos de arrastre contaminados por metais pesados procedentes da antiga mina de cobre.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies