Touro, 24 de xuño do 2017 – O Concello de Touro vivirá mañá domingo, 25 de xuño, o seu xa tradicional Día do Neno.
As actividades terán lugar na Praza do Luar, epicentro do concello onde se ubican a Casa da Cultura, piscina municipal e a zona de servizos do Concello de Touro.
O tren turístico comezará o seu percorrido ás 12.00 horas.
A festa comezará as 16.00 e durará ata as 20.00 horas, para que disfruten todos os pequenos, instalarase un parque infantil con inchables. A piscina estará a disposición dos nenos que queiran asistir e aproveitar para refrescarse.
Sobre as 19.00 horas, e para despedir a xornada de diversión está programado un concerto do grupo Mamá Cabra baixo o título: ‘O caderno dos afectos’. O domingo a diversión está garantida en Touro.