займ срочно

A Deputación dotará de novas beirarrúas á rúa Pucho Boedo de Touro

0

Bisbarra, 11 de abril do 2023 – A Deputación da Coruña asinou un convenio co concello de Touro que permitira o financiamento de melloras na rúa Pucho Boedo.

Casa Consistorial de Touro

O presidente do organismo provincial, Valentín González, e o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, asinaron o documento que permitirá dotas de novas beirarrúas a esta rúa.

A aportación provincial ascende aos 104.115,08 euros, o 80,00 % respecto dun orzamento total de 130.143,85 euros. O obxectivo fundamental das obras é mellorar a seguridade peonil e separar as redes de saneamento e pluviais desta rúa.

A Pucho Boedo provoca de xeito recorrente graves problemas de funcionamento da Estación depuradora de augas residuais (EDAR), polos arrastres e exceso de caudal durante a época de chuvias de verán, que dificultan ou anulan o seu funcionamento. A obra permitirá o bo funcionamento da depuradora e, polo tanto, evitará verquidos ao río Lañas.

As obras renovarán completamente as beirarrúas existentes na marxe dereita da Rúa Pucho Boedo, no lugar de Fonte Díaz (Touro), así coma a instalación dunha nova rede de pluviais e saneamento separativa. Procederase a demolición das beirarrúas existentes e a execución da  instalación de 455 m de tubaxe para saneamento e de 375 m de canalizacións para pluviais.

Tamén procederase ao renovado da canalización de iluminación publica. Para a rede de saneamento executarase de 14 pozos de rexistro e para a rede de pluviais dous pozos de rexistro, 11 arquetas con sumidoiro e unha arqueta para executar a conexión coa rede existente, na outra marxe da estrada AC-240.

Unha vez executadas as redes de servizos, procederase a recheo e compactación dos foxos, posterior acondicionamento da explanación, estendido de zahorra artificial para regularización e execución dos novos dados de cimentación para a instalación dos puntos de Iuz existentes e previamente retirados e acopiados. Posteriormente procederase a instalación do bordo de formigón e da beirarrúa de formigón e anchura variable.

A superficie total de beirarrúa será de 556,95 m. A reposición do firme afectado tanto na Rúa Pucho Boedo coma na estrada AC-240 (unicamente a beiravía), executarase con 15 cm de formigón e 6 cm de aglomerado en quente. O prazo de execución das obras será de seis meses desde a súa formalización.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies