Bisbarra, 25 de outubro do 2024 – Dentro das actividades vinculadas ao Día Internacional das Mulleres Rurais, o concello de Touro organiza un Cine Fórum e un club de lectura feminista.

O Día Internacional das Mulleres Rurais tivo lugar o pasado 15 de outubro aínda que as actividades abarcan todo o mes. Tras un evento dedicado aos máis cativos no CPI Fonte Díaz, nos vindeiros días terá lugar un Cine Fórum e un club de lectura feminista para os que é preciso inscribirse.
Mañá sábado 26 de outubro terá lugar na Casa da Cultura, de 17:30 a 19:30 horas, o Cine Forum. A actividade está dirixida aos integrantes da ANPA A Santaia e ao alumnado de 0 a 12 anos, pero tamén está aberta a calquera persoa interesada.
Haberá unha proxección simultánea de películas para público adulto e para a cativada, cunha posta en común final respecto das vantaxes e desvantaxes das mulleres e nenas rurais para o exercicio igual dos seus dereitos e a súa relevancia para a seguridade alimentaria mundial e o coidado ambiental do planeta.
As películas que se proxectarán son:
“Noetiña” 2018: Unha película documental sobre as mulleres do mar, traballadoras invisibles da Costa da Morte que recibíu o premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña.
“Raia e o último dragón” 2021. Dirixido a todo o público e situado Nno fantástico mundo de Kumandra, humanos e dragóns viviron xuntos hai moito tempo en perfecta harmonía. Pero cando unhas forzas do mal ameazaron o territorio, os dragóns sacrificáronse para salvar á humanidade. Agora, 500 anos despois, esas mesmas forzas malignas regresaron e Raia, unha guerreira solitaria, terá que atopar ao último e lexendario dragón para reconstruír un mundo destruído e volver unir ao seu pobo.
É preferible confirmar asistencia tendo de prazo ata a mañá previa ao evento. Os interesados poden anotarse a través do 981 50 40 29 (de luns a venres), no correo xiomara.lazo@concellodetouro.gal, no código QR que aparece no cartel da actividade ou a través do seguinte formulario: https://forms.gle/f1HzVS9GXDvUu6pYA
Por outro lado, está aberto o prazo para anotarse para o club de lectura feminista. Estaba previsto que empezara a partir do día 25, pero se chegase ao número mínimo de anotados, arrancará o 8 de novembro. Será os venres alternos de 18:30 a 19:30 horas na biblioteca municipal e está dirixido ao público maior de 16 anos.
Os interesados deben anotarse a través do 981 50 40 29 (de luns a venres), do correo xiomara.lazo@concellodetouro.gal ou fanigonzalez@atlanticponte.com, no cógido QR que aparece no cartel da actividade ou a través do seguinte formulario: