Touro, 25 de abril do 2017 – Un grupo de veciños e veciñas participaron no curso de cestería organizado un ano máis polo Concello de Touro coa finalidade de aprender os vellos oficios e recuperar a tradición.
O curso foi impartido durante tres meses. O participantes, para a elaboración dos cestos, utilizaron materiais como bimbios, salgueiros, mimosas e médula.
Esta iniciativa que recupera as vellas tradicións artesanais comezou a súa andaina fai xa catro anos. E seguirá no próximo curso, según destacaron os seus organizadores.