Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Touro
  • Xeral

Touro contrata á avogada especialista en asesoramento medioambiental Ana Barreira

Touro avogada especialista 10 novembro 2025

O concello de Touro da un paso á fronte e contrata á avogada, especializada en medio ambiente, Ana Barreira unha das profesionais máis destacadas en estes temas.

Ana Barreira

Unha das premisas da moción de censura en Touro era conseguir un cambio na estratexia xudicial do concello no conflito coa mina.  Agora, desde a Concellería de Medio Ambiente, anunciase a contratación como asesora da experta Ana Barreira.

Esta avogada é unha das profesionais máis destacadas no ámbito do dereito ambiental do Estado e en Europa. De feito a súa contratación como asesora dilatouse pola gran cantidade de traballo que ten e a dificultade en chegar a un acordo.

Desde a Concellaría destácase que por primeira vez na historia, o Concello de Touro vai cumprir plenamente coas súas competencias en materia de medio ambiente no relativo á mina.

Tamén se quere diferenciar o traballo actual co do anterior equipo de goberno. Segundo explican “O anterior alcalde, malia declararse publicamente contrario á mina, na práctica actuou a favor dela; non recorreu a declaración do proxecto mineiro como proxecto industrial estratéxico por parte da Xunta de Galicia e, o máis grave, negouse a que o concello fora acudido nas causas xudiciais relacionadas coa mina, renunciando así a defender os intereses da veciñanza e do territorio”.

Engaden que co asesoramento de Ana Barreira o Concello de Touro “pasa á acción no cumprimento das competencias propias.

Ana Barreira

Ana Barreira é unha avogada de referencia en dereito ambiental europeo, directora do Instituto Internacional de Dereito e Medio Ambiente. A súa especialización en dereito ambiental europeo e acceso á xustiza en materia ambiental resulta clave para abordar con garantías a problemática da mina de Touro.

É fundadora e directora do Instituto Internacional de Dereito e Medio Ambiente (IIDMA), entidade recoñecida como interlocutora ante o Parlamento Europeo, a Comisión Europea e Nacións Unidas.

Conta cunha ampla traxectoria en procedementos contra proxectos mineiros, enerxéticos e de impacto ambiental, con numerosos resultados favorables.

Accións a levar a cabo

Desde o concello tamén explican que nas vindeiras semanas, presentarán un informe xurídico elaborado por esta especialista, que se porá a disposición da veciñanza e de todas as persoas que presentaron alegacións ao proxecto mineiro e quedaron fóra do procedemento porque a administración esixiulle acreditar o interese.

Ese documento incluirá un modelo de reclamación baseado no dereito europeo, para que poidan solicitar ser recoñecidos como interesados, mesmo fóra do prazo concedido, conforme á normativa comunitaria que os ampara.

Ademais, o Concello iniciará os trámites para acudirse en todos os procesos xudiciais abertos relacionados coa mina, co obxectivo de garantir a máxima defensa dos intereses públicos.

Tamén sinalan que debido á negativa do anterior alcalde a acudirse en tempo e forma, nalgúns procedementos o momento procesual podería limitar esta acción, pero o Concello tentará facelo no maior número posible de causas, co apoio técnico e xurídico de Ana Barreira e contratando as periciais que sexan oportunas.

Post navigation

Previous: Pixel á Feira, éxito do I Salón de Videoxogos de Galicia
Next: O Plan Único da Deputación inviste 9,5 millóns de euros en Negreira

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.