Touro, 13 de xullo do 2019 – O Pleno de Organización do concello de Touro aprobou unha Xunta de Goberno sen comunicar quen a integrará polo que a Marea Veciñal xa advertiu de que a recorrerá.
A Xunta de Goberno Local non é obrigatoria nos concellos de menos de 5.000 habitantes pero é habitual que se constitúa. As criticas das oposicións dos distintos concellos nos que se da esta circunstancia soen ser que se trata dun xeito encuberto de asignar soldos aos integrantes das mesmas.
No pleno o secretario intentaba explicar unha circunstancia tan inusual ante as preguntas da oposición
Lexislación
O caso de Touro resulta único xa que o punto que se levou ao pleno aprobaba unha Xunta que non tiña os membros designados. Según o Secretario aprobaríase a súa constitución e posteriormente o alcalde firmaría os decretos de designación. O certo é que o Real Decreto 2568/1986 di no punto un do artigo 52 que “La Comisión de Gobierno está integrada por el Alcalde, que la preside, y Concejales nombrados libremente por él como miembros de la misma”. No punto catro de ese mesmo artigo engade que “Los nombramientos y ceses serán adoptados con las formalidades prescritas en el número primero del artículo 46 de este Reglamento”. E se acudimos a ese artigo 46 o que atopamos é o seguinte ” Los Tenientes de Alcalde serán libremente nombrados y cesados por el Alcalde de entre los miembros de la Comisión de Gobierno y, donde ésta no exista, de entre los Concejales.
Los nombramientos y los ceses se harán mediante resolución del Alcalde de la que se dará cuenta al Pleno en la primera sesión que celebre, notificándose, además, personalmente a los designados, y se publicarán en el «Boletín Oficial» de la provincia, sin perjuicio de su efectividad desde el día siguiente de la firma de la resolución por el Alcalde, si en ella no se dispusiera otra cosa”. A pregunta xorde sobre si se considera primeiro pleno o de organización, como sería o habitual, ou o seguinte que se celebre; de ser o primeiro caso a Xunta de Goberno presuntamente non tería validez.
As causas
No pleno non se explicaron os motivos de esta circunstancia. Fontes consultadas por Lindeiros apuntan a discrepancias internas do Partido Popular sobre quen debe de estar na Xunta de Goberno e, máis concretamente, quen será o Primeiro Tenente de Alcalde o que supón na práctica a sustitución do rexedor cando colla vacacións e, en consecuencia, o que cobrará o soldo aprobado en ese caso que supera os 2.000 euros.
O resto do pleno
O resto de pleno transcorreu según o previsto. Creáronse catro comisións, ademais da obrigatoria de contas, sobre obras, servizos sociais, cultura, e medio rural e estarán presididas polos distintos concelleiros do Partido Popular.
O alcalde cobrará un soldo bruto de 42.450 euros, o máximo permitido pola lei para concellos de menos de 5.000 habitantes. A cantidade foi moi criticada pola oposición xa que se considerada excesiva pero para o alcalde, Ignacio Codesido, os rexedores cobran pouco
As asignacións por asistencias a comisións e órganos colexiados serán de 150 euros, hai que ter en conta que a Xunta de Goberno, cando se forme con concelleiros, terá unha periodicidade ordinaria de 3 veces ao mes e as extraordinarias que decida o alcalde, o que supón un mínimo de 450 euros ao mes por concelleiro.
Os plenos serán o último venres de cada trimestre e a hora a unha e media da tarde.