Bisbarra, 13 de decembro do 2022 – A deputación da Coruña colaborará co concello de Tordoia para mellorar os accesos ao núcleo de Piñeiro, na parroquia de Vila do Abade.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, asinaron o pasado venres un convenio de colaboración para financiar os traballos en Piñeiro.
O orzamento total ascende a 102.074 euros, dos que a entidade provincial achega 81.659 euros, que supón o 80% do financiamento. O proxecto mellorará a capa de rodaxe en diversos treitos do núcleo. A mellora do firme realizarase a través do estendido dunha capa de mestura betuminosa de 3 cm de espesor, previa reparación das fochas con grava e rega semiprofunda.
A execución en Piñeiro tamén contempla a limpeza e reapertura de gabias en todos os treitos e a sinalización horizontal e vertical necesaria. Coa realización desta obra, dotarase ao lugar dunha infraestrutura de carácter básico renovada, mellorando a circulación viaria tanto para vehículos como para peóns.
