Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Brión
  • Xeral

Todo listo para a XI Andaina Terras de Altamira

A Terras de Altamira é unha das adainas máis arraigadas da bisbarra.

BRION ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA 12 MARZO 2026 (2)

Brión, 12/03/23026 – O sendeirismo, as andainas, convertéronse no mellor impulso ao exercicio físico da veciñanza. Axuda as paraxes que temos na bisbarra e a colaboración dos concellos para que todo discorra do mellor xeito posible.

A Andaina Terras de Altamira chegará a súa decimo primeira edición o vindeiro 23 de maio. É unha cita xa consolidada no calendario galego do sendeirismo e que volverá reunir centos de participantes arredor do deporte, da natureza e da convivencia.

Esta nova edición volverá ser proba oficial da Federación Galega de Montañismo, integrada na Liga Galega de Andainas e na Liga Ibérica de Sendeirismo.

A proba manterá o formato das últimas edicións, con tres distancias de 16, 33 e 50 quilómetros, co obxectivo de adaptarse a distintos niveis de esixencia física e seguir promovendo unha práctica deportiva aberta, participativa e non competitiva.

A saída será conxunta para todas as modalidades e o percorrido conservará o formato en liña que caracteriza esta cita, nunha xornada pensada para combinar deporte, convivencia e posta en valor da contorna natural e patrimonial de Brión.

A Andaina Terras de Altamira chega a esta undécima edición avalada por unha traxectoria que a sitúa como a proba máis multitudinarias da Liga de Andainas. Na anterior edición superouse a cifra simbólica das 1.000 persoas participantes, un récord para a proba e unha mostra da dimensión que foi gañando ano tras ano.

Brión consolidouse así como un punto de encontro de referencia para o sendeirismo galego, capaz de mobilizar centos de persoas arredor dun mesmo reto e de converter camiños, montes e aldeas nun espazo compartido de esforzo, compañeirismo e orgullo de territorio.

A organización traballa xa nunha nova edición que busca reforzar o valor deportivo e social dunha proba convertida tamén nun escaparate do territorio brionés. Para iso, porá á disposición das persoas participantes unha ampla cobertura de servizos, entre eles bolsa do sendeirista, avituallamentos sólidos e líquidos, seguro de accidentes e responsabilidade civil, servizo médico e ambulancia, así como duchas, piscina cuberta e diploma e medalla de finalista.

As inscricións estarán abertas do 15 de marzo ao 20 de maio a través da páxina web oficial da proba (www.andainaterrasdealtamira.org), onde tamén se poderá consultar toda a información relativa ás bases, percorridos, horarios e recomendacións prácticas.

Presentación oficial

Como antesala desta undécima edición, este venres 13 de marzo celebrarase a gala de presentación no Centro Social Polivalente do Concello de Brión. O acto comezará ás 20:30 horas, estará conducido por Federico Pérez, padriño da proba, actor e humorista galego cunha ampla traxectoria en televisión, cine e teatro; e servirá para dar a coñecer os detalles da mesma e algunhas das novidades desta nova edición.

Post navigation

Previous: Compostela ponse de uñas
Next: Rosa Crujeiras será a primeira reitora da USC en máis de cincocentos anos

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.