Ordes, 26 de xaneiro do 2019 – Dúas competicións distintas pero igualmente interesantes na fin de semana de Ordes, o VI Trofeo de Tiro con Arco e unha das fases do torneo provincial de patinaxe Deputación da Coruña.
VI Trofeo Concello de Ordes de Tiro con Arco
Esta proba terá lugar a partir das cinco da tarde no pavillón Campomaior. Tras unha quenda de adestramentos dará lugar a competición propiamente dita, cuxa finalización está prevista para as 19.30 horas aproximadamente.
No campionato participarán arredor de 70 arqueiros e arqueiras de distintos clubs. A proba está organizada pola Asociación Deportiva Arqueiros do Adarve e conta coa colaboración do Concello de Ordes.
Circuíto de Patinaxe da Deputación
80 dos mellores patinadores de toda a provincia, algúns con podios nacionais e internacionais, se dan cita hoxe no pavillón Castelao I para disputar o Trofeo Deputación da Coruña de Patinaxe Artística.
En esta fase provincial as competicións sucederanse ao longo de toda a xornada, de 10.20 a 14 horas e de 16.20 a 20 horas. Nesta competición, organizada polo Club Galia e patrocinada por Deleite, tamén colaboran: Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Deporte Galego, Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Ordes.