Compostela, de decembro do 2021 – A Asociación de Hostalería de Compostela ven, nos últimos meses, de renacer das súas cinzas. Pasou dunha directiva en funcións a unha xestora e un concurso voluntario de acredores para poñer en orde dunha vez as contas.
Unha vez cruzado ese río chegou a unhas eleccións que, pese a xerar moitas dúbidas cando foron convocadas, acabaron por ser un revulsivo que levou a Asociación a unha nova etapa.
Thor Rodríguez, actual presidente da entidade, ten moito que ver en todo esto. Á fronte dun equipo que integra veteranos con xoves foi capaz de reanudar os cursos, 15 en 4 meses, organizar o Santiago(é)Tapas é xerar ilusión entre o sector nun momento moi complicado. A parte mala é a situación xeral xa que despois de este esforzo a incerteza continúa e a preocupación pola situación sanitaria aumenta
Moitos dos negocios quedaron no camiño, Foron dazaoito meses de perdas que fan que a crise no sector da hostalería, aínda superando a pandemia, continuará
Na parte positiva está esa recuperación da actividade e da estabilidade na Asociación. Thor Rodriguez móstrase sorprendido de todo o conseguido en catro meses e agradece en particular o traballo dos empregados e o apoio da sociedade
Este apoio ten moito que ver co papel da hostalería na vida dunha cidade. O peche da hostalería pola situación sanitaria evidenciou a importancia do sector no día a día das rúas
Este luns 13 entréganse os premios de Santiago(é)tapas e a valoración de Thor Rodríguez e excelente. Tiveron un apoio absoluto tanto por parte dos participantes como dos clientes e o presidente da Asociación de Hostalería pensa que eventos como este son os que definen a unha cidade
O traballo realizado por Thor Rodríguez nos últimos catro meses volveu a unir a un sector agotado despois de un ano e medio de pandemia. A Asociación de Hostalería de Compostela e Comarca é un dos motores da cidade e que renazca de este xeito, e en plena crise, é unha das boas novas que nos deixará este 2021 a piques de rematar.