Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Comeza o ciclo Terrazeando e faino a cuberto

santiago concerto terrazeando slide 29 junio 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 29 de xuño do 2017 –  Comeza TerraZeando, a sexta edición de ciclo de concertos ao fresco, que por mor da choiva cambia a ubicación da Finca do Espiño a Sala Sónar. Será ás 21.00h con entrada de balde.
    • ME AND THE BEES (Barcelona)
    • ALTO VOLTA (Valga)

Compostela, 29 de xuño do 2017 –  Comeza TerraZeando, a sexta edición de ciclo de concertos ao fresco, que por mor da choiva cambia a ubicación da Finca do Espiño a Sala Sónar. Será ás 21.00h con entrada de balde.

TerraZeando pretende aproveitar lugares especiais de Compostela que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un concerto. Terrazas, parques e espazos singulares que polo seu magnetismo dan lugar a noites inesquecibles.

ME AND THE BEES (Barcelona)

Me and the Bees voltaron neste 2017 cun dous discos que está destinado a ser referencia en todas as listas do mellor do ano. “Menos Mal” é un compendio de referencias clásicas no melódico, destilando hedonismo en combinación cun espírito próximo ao das bandas senlleiras do indie americano dos 90.

Un traballo sobrado de melodías e de estribillos marabillosos, cheo de cancións concisas, directas e nutridas de electricidade, que nos levan a evocar os mellores momentos de The Breeders, The Amps ou Pavement.

ALTO VOLTA (Valga)

Con Cazador TerraZeando tiña unha débeda pendente, contraída o ter que suspender dúas veces o seu concerto na edición de 2015. Non houbo tempo a liquidala, xa que a banda esvaeceuse cando estaba nun magnífico estado de forma.

Rebautizados como Alto Volta e incluindo presenza feminina á batería, o avance do que será o seu primeiro traballo, deixa claro que o folque americano e o shoegaze continúan a ser as súas influencias máis recoñecibles e que nunca se debe perder a fe.

Post navigation

Previous: Máis de 320 patinadores esta fin de semana no III Trofeo Concello de Ordes Grupos Show
Next: Ames aproba a convocatoria de axudas para as ANPAS, asociacións culturais e festas populares

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.