Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Padrón
  • Rois
  • Xeral

Clausurado o obradoiro de emprego Terras de Iria

terras de iria clusura obradoiro 2 outubro 2024 (2)

Bisbarra, 2 de outubro do 2024 – Os alcaldes de Dodro, Xabier Castro; Padrón, Anxo Arca; e Rois, Ramón Tojo clausuraron o obradoiro de emprego Terras de Iria, impulsado polos tres concellos.

Xunto aos rexedores participaton na entrega de diplomas a delegada da Xunta na Coruña, Belén Docampo e o director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce. O obradoiro, que comezou no 2023, deu formación a 15 mozos e mozas dos tres concellos participantes.

O obradoiro formou a estes rapaces na confección e publicación de páxinas web. A formación contou cunha achega da Xunta de máis de 498.000 euros. O traballo feito polo alumnado queda recollido na web 2023.terrasdeiria.com

O alumnado do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria 2023 desenvolveu traballos como a ampliación da web Coñece Terras de Iria, incorporando percorridos virtuais, creando roteiros en bicicleta polos tres concellos, publicitando a súa actividade comercial e inventariando as instalacións deportivas dos mesmos.

Realizaron ademais un manual explicativo desta páxina web, crearon plans de voo para drons e zonificaron as áreas de fauna e flora de Rois, Padrón e Dodro.  A delegada subliñou a importancia destes traballos que permitirán dar un salto cualitativo a esta web para ofrecer máis e mellores servizos a todos os visitantes que queren achegarse e coñecer estes tres concellos.

Belén do Campo tamén resaltou que estes obradoiro reforzan a colaboración institucional entre a Xunta e os concellos, e confirmou que os tres municipios de Terras de Iria volverán contar este ano cun novo obradoiro para formar a mozos e mozas de 18 a 30 anos de Rois, Padrón e Dodro grazas a un apoio da Xunta de máis de 411.000 euros. Este obradoiro xa ten preseleccionado ao alumnado participante.

Post navigation

Previous: Segundo aniversario da Vía Verde Compostela Tambre Lengüelle
Next: Compostela e MERCASA avanzan na plataforma loxística

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.