займ срочно

A Andaina Terras de Altamira quere chegar aos 700 participantes

0

Brión, 8 de marzo do 2022 – A Andaina Terras de Altamira volve co obxectivo de chegar aos setecentos participantes e formando parte da Liga de Sendeirismo da Federación Española.

Organiza pola asociación O Esquío no Piñeiro, e coa colaboración do Concello de Brión, a Andaina Terras de Altamira chega este ano a súa sétima edición. A cita, o sábado 28 de maio, forma parte tamén da Copa Galega de Andainas de 50 km da Federación Galega de Montañismo.

O feito da súa inclusión na Liga de Sendeirismo da Federación Española supón, según explica o coordinador da proba Jose Manuel Trigo, “que poden achegarse máis de douscentos deportistas de fora de Galicia a competir en Brión”. Para estes deportistas é o percorrido completo de medio cento de quilómetros, con avituallamentos destacados na Carballeira de Santa Minia e na Igrexa de Viceso.

Terras de Altamira mini e media

A proba parte dunha miniandaina de 14 quilómetros, axeitada para a familias completas polo seu baixo nivel de dificultade. Eles terán a oportunidade de desfrutar mais relaxadamente de paisaxes e contornas naturais do municipio, a través de antigos camiños en desuso polos que en tempos circulaban carros e camiñantes entre aldeas. Unhas vías que quedaron esquecidas coa proliferación dos automóbiles, e que se recuperan expresamente para esta iniciativa. Aínda existe unha distancia intermedia, de 36 quilómetros, para aqueles que estean en mellor forma.

Apertura de inscricións

A proba partirá o sábado 28 de maio, as 9 horas, da Carballeira de Santa Minia en Brión. As inscricións xa están abertas dende o pasado 1 de marzo, con un prezo de 15 euros de esa data ao 14 de abril; do 15 de abril ao 14 de maio serán 18 euros; e do 15 ao 24 de maio serán 16 euros; as persoas con licenza da federación galega reduciran o prezo en 2 euros.

Para anotarse debe empregarse a web www.andainaterrasdealtamira.org, e o prezo inclúe ademais da bolsa do sendeirista (excepto os que o fagan do 15 ao 24 de maio), avituallamentos, medico, medalla e diploma.

Presentación da andaina

A proba vai ser presentada nunha gala que se celebrará o vindeiro venres día 11 de marzo as 20h. na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Brión. Este evento estará conducido por Diego Viaño, recoñecido meteorólogo da TVG, na que tamén estarán presentes Pablo Lago, Alcalde de Brión Pablo, a concelleira de Deportes de Brión Sandy Cebral e diversas autoridades da Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Montañismo.

Nesta gala explicaranse os pormenores da Andaina, desvelarase o percorrido para este ano 2022 e tamén contaremos con un monólogo de Federico Pérez, recoñecido actor galego con papeis en series como Padre Casares, Air Galicia, La Casa de Papel ou o famoso Moncho do programa Era Visto!.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies