Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Teo
  • Xeral

Esta fin de semana celébrase o XXII Concurso Cabalar Concello de Teo

O vindeiro domingo a XXII edición do Concurso cabalar Concello de Teo no que haberá actividades de doma clásica e concursos de beleza.
triptico 2023 copia

Bisbarra, 8 de setembro do 2023 – O vindeiro domingo terá lugar en Oza a XXII edición do Concurso cabalar Concello de Teo no que haberá actividades de doma clásica e concursos de beleza.

 O vixésimo segundo concurso cabalar de Teo comezará as dez da mañá cos poldros e poldras indefinidas para continuar as dez e media cos cabalos e eguas da mesma categoría. Unha das partes máis vistosas da competición, as dos percheróns, terá lugar a partir das doce do mediodía.

Ao longo da xornada haberá competicións de doma clásica, ambientación musical, cantina e posto de polbo e ao caer a tarde, as seis e media, exhibición de arrastre e entrega de premios. 

Un pouco de historia…

A primeira edición da Festa do Cabalo en Teo celebrouse no ano 1991. Esta iniciativa popular foi nos inicios liderada polos afeccionados do mundo cabalar do municipio, e contou co apoio do Concello de Teo.

A festa apareceu vinculada á Feira do San Martiño en Francos como un xeito de animala e mostrar outras razas de cabalo da contorna. A primeira edición celebrouse no inverno, na carballeira de Francos. Por mor das condicións climatolóxicas, decidiuse posteriormente celebrala no verán para mellorar o espectáculo.

Agora desde o concello tratan de recuperalo xa que “estivo consolidado, con alta participación da veciñanza, alta tradición e gran arraigo”. Desde o consistorio engaden que “Cando se fala de Teo, estase a falar do mundo cabalar, da feira do San Martiño de Francos, do Entroido dos Xenerais da Ulla. Estase a falar en definitiva dun protagonista inequívoco: o cabalo”.

Post navigation

Previous: A Aula Mentor de Oroso abre as inscricións
Next: Lousame licita obras por un importe superior aos 200.000 euros

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.