Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo solicita á Xunta unha valoración de danos da área arqueolóxica do Monte Piquiño

O concello de Teo lembra que en esta necrópole megalítica, están catalogadas 33 mámoas e 11 petróglifos

Un dos moitos petroglifos que se poden atopar en Teo

Teo, 24/06/2026 – A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, solicitoulle ao director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, unha valoración de danos da área arqueolóxica do Monte Piquiño, tras ser afectada polo paso do incendio forestal orixinado na parroquia padronesa de Herbón. 

Técnicos da Xunta, da Deputación da Coruña e do Concello supervisaron xa a zona afectada, un terzo da área prehistórica, que inclúe tamén a famosa Ruta dos Petróglifos. O propio Concello emitiu un comunicado indicando que esta ruta quedaba pechada aos visitantes, por perigos que poida haber no terreo, ata que sexa reacondicionada e se poida transitar con todas as garantías de seguridade.

Tras analizar os danos, o Goberno autonómico emitirá un informe de danos e, por conseguinte, as medidas a levar a cabo para a súa recuperación. Cabe lembrar que nesta necrópole megalítica, de 40 hectáreas de superficie, están catalogadas 33 mámoas e 11 petróglifos.

Trátase dunha das áreas arqueolóxicas máis importantes de Galicia e, sen dúbida, a máis importante da comarca de Compostela. A rexedora municipal pediu celeridade na análise para poder empezar canto antes cos traballos de rehabilitación, pois ademais dos danos no patrimonio arqueolóxico, tamén foron afectados os paneis informativos existentes na zona e na propia ruta homologada.

Do mesmo xeito, Calvo de la Uz agradeceu a rapidez da Xunta de Galicia en atender a súa petición e reivindicou a necesaria colaboración entre administracións para salvagardar o patrimonio.

Post navigation

Previous: XI edición do Festival Motorock Milli Riders
Next: Mercedes Rosón será candidata á alcaldía de Compostela

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.