Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Teo
  • Xeral

Corpos internacionais participarán na II Xornada de Emerxencias e Seguridade en Teo

teo-segunda-xornada-emerxencias-slide-17-xunho-2024_r

Bisbarra, 17 de xuño do 2024 – O vindeiro sábado, 22 de xuño, Teo celebrará a II Xornada de Emerxencias e Seguridade, onde haberá diversas demostracións de equipos e corpos de emerxencias locais, nacionais e internacionais.

O obxectivo da II Xornada de Emerxencias e Seguridade de Teo e mostrar capacidade de intervención dos medios locais, en coordinación cos autonómicos, estatais e internacionais. Para conseguilo simularanse diversos desastres e incidencias. Unha xornada organizada polo concello de Teo e a empresa especializada Fuego y Mar.

Na explanada da Casa Común de Oza haberá de forma ininterrompida varios talleres, xincanas, xogos e demostración de medios para todo o público, con especial consideración para a cativada. Alí poderán coñecer de primeira man o seu traballo e os medios técnicos que empregan para desenvolvelo.

As actividades programadas dividiranse en catro categorías. Por unha banda, a de Forzas e Corpos de Seguridade, onde estarán presentes membros da Policía Local de Teo, a Policía Nacional e Autonómica, así como efectivos da Garda Civil, da Garda Nacional Republicana de Portugal, da Gendarmería Nacional Francesa e os militares do Tercio Norte de Ferrol.

Nun segundo grupo, os asistentes poderán descubrir o gran labor dos efectivos sanitarios, concretamente do 061, Cruz Vermella e Protección Civil de Teo. A rapazada poderá coñecer os medios materiais que empregan e facer simulacros con eles.

Na terceira categoría estarán os efectivos de rescate e emerxencias, con demostracións de medios dos servizos municipais de emerxencias de Vilagarcía de Arousa e de Teo, así como de Salvamento Marítimo e da empresa Fuego y Mar.

Por último, o grupo das aeronaves que participan nas emerxencias: helicóptero do 061, helicóptero da Garda Civil e helicóptero de loita contra incendios forestais, este último con simulación de descarga de Bambi.

Unha xornada moi interesante para todos os públicos, que contará tamén cunha demostración de traballo das unidades caninas (arredor das 12.00 horas do mediodía) da Policía Nacional, concretamente de rastreo e control de billetes; e do Exército, cunha demostración de defensa e ataque.

Xa pola tarde, cara as 17.00 horas, procederase a un simulacro de incendio en plataforma elevada e outro dun accidente de circulación por alcance entre dous turismos e unha cisterna de mercadorías perigosas. A xornada rematará cunha festa da escuma para toda a cativada presente.

Post navigation

Previous: Vedra súmase ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Next: O CEIP A Maía xa ten o seu desfibrilador

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.