Bisbarra, 25 de maio do 2023 – O actual Delegado do Goberno, Xosé Ramón López Besteiro volveu a Teo despois de oito anos afastado da política e en medio da campaña electoral.
Besteiro acudiu en calidade de militante destacado do Psoe para apoiar á candidata Uxía Lemus que opta á alcaldía teense. Hai oito anos realizaran unha andaina pola N-550 para denunciar o estado de esa estrada e agora para apoiar máis melloras e unha saída para o conflito da canteira.
López Besteiro dixo que “miro cara adiante sen resentimento. É verdade que se fixeron melloras nas rotondas pero hai que seguir co proceso de humanización e esa é a liña que vai seguir o ministerio e a propia demarcación de carreteras vai estar centrada en ese proxecto de manter a seguridade na N-550 como obxectivo preferente”
A candidata Uxía Lemus lembrou que desde a última visita de Besteiro mellorouse a seguridade en puntos como a Rotonda de Francos e a do Espiño. Lemus engadiu que “O Milladoiro vai a dar un salto moi importante en seguridade viaria e en Calo estamos pedindo que siga esa mellora. Hai que pensar que en Calo viven 5.000 persoas cunha estada nacional moi perigosa que cruza a zona e que cada vez ten máis tráfico”. Lemus dixo tamén que loitarán “polo acceso á AP-9 pero a nacional necesita humanización xa”.