Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo Turismo 2025, unha campaña para difundir o concello

teo campanha turismo 10 marzo SLIDE 2025_page-0001

Máis de trinta actividades que o concello de Teo organizará ao longo de todo o ano deseñada polas áreas de Turismo e Cultura

O concello de Teo ven de presentar a campaña de difusión do concello prevista para este 2025 e que leva como nome xenérico Teo Turismo 2025. Unha programación que ten como obxectivo principal difundir o concello e promover alternativas de ocio para a veciñanza.

Ademais de rutas, obradoiros e mostras, tamén se celebrarán eventos de maior proxección como a Festa da Nai, o Concurso Morfolóxico Cabalar, a Festa Cabalar do San Martiño de Francos ou a campaña de Nadal

Esta campaña turística lanzouse por primeira vez o pasado ano e foi un gran éxito entre os veciños e veciñas de Teo, pois ofreceu máis de 40 actividades sostibles que tiveron moi boa acollida entre os participantes.

O programa deste 2025 está composto por unha oferta de máis de 30 experiencias turísticas sostibles, organizadas novamente en catro campañas coincidentes con cada unha das estacións do ano. Segundo a estación prográmanse actividades acordes ao tempo, ás festividades e acontecementos desa época.

A campaña de inverno presenta unha actividade enmarcada na celebración do Día Internacional da Muller, cunha ruta guiada e interpretada. Tamén se recorda á veciñanza que todo este mes, coincidindo co Entroido, a hostalaría e establecementos de panadería teñen dispoñibles os produtos típicos destas datas. 

A campaña de primavera céntrase nas rutas guiadas e teatralizadas, dando a coñecer lugares emblemáticos do municipio, batallas históricas como a de Cacheiras e lendas xacobeas como a da Raíña Lupa, que reforzan  o interese de Teo como etapa do Camiño Portugués e como enclave de importantes vías culturais e históricas.

No verán será a quenda da arte rupestre teense, co fin de dar a coñecer os seus tesouros e poñelos en valor entre a propia veciñanza. Rutas onde poder admirar a beleza dos numerosos cruceiros que engalanan o territorio, rutas onde descubrir fragas, árbores senlleiras, conectar coa natureza e facelo en familia.

O outono preséntase en Teo con xornadas micolóxicas e rutas polo románico teense e polas distintas pontes e pontellas, da man da asociación cultural de divulgación e protección de arte rupestre “Colectivo A Rula”. Rematando o ano coas características actividades de Nadal.

En cada unha desas campañas, coincidentes coas estacións do ano, sempre hai un evento principal. En primavera, a tan esperada Festa da Nai; no verán, o Concurso Morfolóxico Cabalar coa súa XXIV edición; no outono, a tan prezada Festa Cabalar do San Martiño de Francos; o inverno, coa tempada de Nadal e a chegada dos Reis Magos.

Por último, cómpre salientar que cada unha das actividades programadas contará co seu correspondente cartel e promocionarase na páxina web do Concello e nas redes sociais municipais.

Desta forma, os interesados poderán inscribirse con tempo nas actividades e poder desfrutar así dun calendario pensado para a xente en xeral e a veciñanza de Teo en particular.

Post navigation

Previous: O máis lido en Lindeiros do  3 ó 7 de marzo
Next: A ampliación da depuradora de Padrón podería rematarse antes dun ano

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.