Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo pídelle máis informes a Toysal para poder pechar a pista da canteira

O concello de Teo pídelle á empresa Toysal un informe sectorial antes de emitir autorización para pechar a pista da canteira da Casalonga.
teo-cadea-humana-canteira-slide-24-setembro-2018-(2)_r

Bisbarra, 29 de novembro do 2022 – O concello de Teo pídelle á empresa Toysal un informe sectorial antes de emitir autorización para pechar a pista da canteira da Casalonga.

Despois de que a empresa presentara no concello a comunicación previa, necesaria para pechar a canteira, o concello remitiulle a Toysal un escrito solicitando nova documentación. A empresa respondeu xa pero ante a falta de algúns dos documentos o concello emitirá un novo requerimento..

Informe sectorial e descrición gráfica

Os servizos xurídicos do concello solicitaron un informe sectorial emitido polo titular da estrada DP-0205, a Deputación da Coruña. Tamén que se complete a memoria técnica cunha definición gráfica máis detallada dos portais que pretende instalar. que se complete a memoria técnica cunha definición gráfica máis detallada dos portais que pretende instalar.

Desde o concello explícase que mentres Toysal non remita a documentación  no pode pechar a pista.  Por outra banda dende o goberno municipal amósase unha fonda preocupación pola modificación do artigo 35 e a incorporación do artigo 146 bis na Lei do Solo de Galicia (Lei 2/2016) a través da Lei de Medidas Fiscais e Administrativas que acompañan o proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia do 2023 xa que estas modificacións supoñen a eliminación do papel fiscalizador dos funcionarios municipais no outorgamento de licenzas e permitindo en solo rústico instalacións de xestión e tratamento de residuos sexan públicas (como ata agora) ou privadas.

Post navigation

Previous: Novos autobuses para Compostela
Next: V Concurso de Canto Compostela Lírica

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.