Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Teo
  • Xeral

Teo, todo por descubrir

O concello de Teo lanza unha campaña turística con experiencias sostibles vinculadas á natureza, patrimonio e cultura local

teo todo por descubrir 23 febreiro 2026

Teo, 24/2/2026 – O Concello de Teo presenta a campaña “Teo, todo por descubrir”, con máis dunha trintena de experiencias turísticas sostibles para todo o ano 2026 vinculadas á natureza, patrimonio e cultura local.

O obxectivo principal é posicionar a Teo como un destino próximo, auténtico e accesible, tanto para visitantes externos como para a propia cidadanía; así como apoiar tamén o desenvolvemento local e cultural e fomentar un turismo responsable, participativo e de calidade.

A campaña deste ano 2026, ao igual que as anteriores, está centrada no turismo de proximidade, dirixidas a un público familiar e adulto e fomentando o orgullo e a identificación co territorio. Entre as actividades programadas destacan algunhas con especial participación activa da veciñanza, como no caso das tertulias ou obradoiros, ou as rutas caracterizadas.

A campaña parte dunha imaxe principal representativa do territorio e asociada á idea de camiño e descubrimento, cun código QR onde coñecer a oferta turística e cultural de todo o ano.

Ese código está directamente entrelazado cunha landing page específica da campaña, aloxada na propia páxina turística do Concello de Teo . O obxectivo e potenciar tamén esta canle e convertela nun espazo de referencia da información turística municipal.

A programación actualizarase de xeito progresivo, posto que non é unha axenda pechada, senón un proceso continuo no que se incorporarán experiencias culturais, patrimoniais, gastronómicas e creativas en colaboración con entidades locais.

Entre a trintena de actividades proxectadas, destacan os grandes eventos municipais como a Festa da Nai, no mes de maio; o Concurso Morfolóxico Cabalar, no mes de agosto; a Feira Cabalar do San Martiño de Francos, en novembro; e a campaña de Nadal con programación propia.

A estes grandes eventos, hai que sumarlle tres tertulias onde os protagonistas serán as asociacións, como a programada para o vindeiro venres, 27 de febreiro, sobre os Xenerais da Ulla; a dos Camiños Xacobeos, en abril; ou a de Tradición Cabalar, en novembro.

Tamén destacan diversos obradoiros: de cerámica, de pintura ou de cociña; así como varias rutas interpretativas e teatralizadas que poñen en valor a historia e a paisaxe local.

Ademais celebrarase a máis que coñecida Batalla de Cacheiras, non só coa clásica carreira pedestre, senón cunha recreación histórica popular deste enfrontamento bélico, que vai xa polo seu 180 aniversario.

En canto ao turismo de natureza, destacan baños de bosque e de natureza, non só para público adulto senón tamén para os máis cativos, como é o caso da recollida das herbas de San Xoán.

Por último, nesta programación municipal, tamén hai cabida para apoiar ao sector artesanal e empresarial do Concello. De feito, vén recollido no código QR os “Días Europeos da Artesanía” e a “Festa dos Maios”, organizada pola Asociación Cultural de Artesanía de Teo – Arteneo; así como a presentación pública da Asociación de Empresario de Teo.

Cómpre salientar que cada unha das actividades programadas contará co seu correspondente cartel e promocionarase na páxina web do Concello e no site de Turismo, así como nas redes sociais municipais.

Os interesados poderán inscribirse con tempo nas actividades e poder desfrutar así dun calendario pensado para a xente en xeral e a veciñanza de Teo en particular. Con esta campaña, o Concello consolida un modelo turístico anual, sostible e participado, no que cada estación ofrece novas oportunidades para descubrir Teo ao longo do tempo.

Post navigation

Previous: Denuncian o “inadmisible estado” da biblioteca do Milladoiro en Ames
Next: O Festigal presenta o X Concurso Novos Valores

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.