Bisbarra, 5 de decembro do 2023 – O concello de Teo acolle o vindeiro domingo o espectáculo “Vía Morta” sobre a realidade dos campos de refuxiados e producido por Culturactiva e Pallasos en Rebeldía.

A cita con “Vía Morta” será este vindeiro domingo de seis a sete da tarde no auditorio Constante Liste. As entradas poden mercarse no seguinte enlace . Trátase dun espectáculo único que naceu das visitas de Pallasos en Rebeldía aos campos de persoas refuxiadas de Grecia.
“Vía Morta” non é un espectáculo teatral ao uso. Durante a función, o público ponse na pel das persoas que viven en campos de refuxiadas. En Vía Morta non hai butacas, as espectadoras están sentadas no chan. Para entrar nesta realidade, deberán cruzar un varado de alames protexido por un militar.
Con Ivan Prado, Anabel Gago, Fran Rei e Rocío Salgado en escena, xérase esta obra dun estilo cru cun texto de Carlos Olalla, na que se pretende concienciar ao público sobre a realidade das persoas refuxiadas atrapadas nas portas da Unión Europea facéndoas partícipes das súas vivencias.
O espectáculo está dirixido por Eva Egido e axudantía de dirección de Iván Prado, un dos referentes galegos na defensa dos dereitos do pobo palestino e fundador de Pallasos en Rebeldía. Os seus coñecementos e experiencias vividas en Palestina nutren esta obra que tamén narra a situación que moitas palestinas, sobre todo coa situación actual dos bombardeos en Gaza
