Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Subvención ou non subvención, ese é o dilema en Teo

Casa consistorial de Teo

Bisbarra, 1 de marzo do 2025 – Liorta entre goberno municipal, PP e partido socialista de Teo po conta dunha subvención do plan PEL da Deputación.

Os socialistas explican que a “neglixencia” do goberno municipal levou ao concello a perder unha subvención de 52.000 euros. O goberno da popular Lucía Calvo di que non se pode perder unha subvención que se chegou a pedir.

A voceira socialista Mayte Argibay, lamentou que Teo fose un de só 2 concellos de toda a provincia que non solicitaron este ano a subvención PEL Concellos da Deputación.

Esta axuda destínase á contratación de persoas con especiaís dificultades para o emprego como maiores de 45 anos, persoas en paro de longa duración, mulleres ou familias monoparentais.

Argibay engade que “Non nos explicamos por que o Concello perdeu esta subvención, que tería reportado a Teo 52.000 euros entre outros moitos beneficios”. Nos últimos anos, o PEL Concellos supuxo en Teo a contratación de 5 persoas en 2022, 4 persoas en 2023 e 3 persoas en 2024. Un total de 12 contratos anuais en tres anos.

Compensa a subvención?

O equipo de goberno popular emitiu unha nota de prensa a continuación da valoración pública do Psoe na que matiza que “non perdeu ningunha subvención da Deputación Provincial da Coruña, posto que neste ano 2025 non foi solicitada polo actual Equipo de Goberno”.

A continuación explican os motivos que levaron ao actual goberno municipal a non solicitar dita subvención. En primeiro lugar lembran que estas axudas “deben facerse atendendo ás necesidades de cada concello e tendo clara que a súa solicitude vai repercutir en beneficio para as arcas municipais e para os propios interesados nos postos”.

Aclaran que “a cuadrilla de obras, para a que se solicitaría a dita subvención, xa está composta por dez persoas para realizar as actuacións básicas do día a día. Non obstante, para cuestións máis técnicas ou obras de gran envergadura”.

A esta aclaración o goberno de Lucía Calvo engade que o concello vese obrigado a esta subcontrata “por carecer do Plan de Prevención de Riscos, obrigatorio por Lei e que o actual Equipo de Goberno se encontrou sen a súa correspondente actualización, cuestión que estamos corrixindo”.

Explican que a subvención supón gastos extras para o concello xa que “non cubre todos os gastos que xera a contratación de peóns, os cales deben pasar por un período de formación, realizar o pertinente curso de prevención de riscos laborais e só para un período de tres/catro meses. Neses gastos, non subvencionados, inclúese tamén a uniformidade deste persoal e o alugueiro de vehículos para o seu traslado”.

Todos estes argumentos levaron ao concello a non solicitar a axuda “atendendo aos criterios de prudencia e xestión económica”. Destcan por outra banda que “no tocante á inclusión, Teo ten moi presente este factor é o novo contrato do lixo, que está agora mesmo en licitación, reserva un dos seus lotes a centros especiais de emprego de iniciativa social para fomentar a inclusión de persoas con risco de exclusión social”.

Post navigation

Previous: O máis lido de Lindeiros do 24 ó 28 de febreiro
Next: Máis verde para Compostela

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.